Burela, 16 de xuño de 2016.- Este Luns 13 de Xuño cumpriuse o ano de goberno do Partido Socialista e dende o BNG de Burela analizan este período con decepción. A sensación é de tempo perdido e promesas incumpridas.
Aínda que é posible que se produciu un cambio nas formas e na normalidade democrática dentro do concello, existe unha falla de cumprimento do prometido no seu programa electoral que resulta alarmante, sobre todo con respecto ós asuntos que mais afectan ós veciños. “O cambio de goberno non trouxo un cambio substancial nas políticas, como xa comprobamos trala presentación dos orzamentos municipais” sinalou Mario Pillado, voceiro do BNG.
Con respecto ó servizos básicos, dende o BNG veñen sistematicamente demandando a remunicipalización dos mesmos, posto que era unha medida común de ámbolas formacións, mais aínda non se produciu en ningún ámbito. “Limpeza, comedores escolares, abastecemento de auga e recollida de lixo seguen a estar en mans de empresas privadas, aínda que neste último caso apoiamos o goberno nos primeiros trámites para facelo público. Seguimos deixando gran parte dos cartos dos veciños en dar beneficio a empresas privadas por servizos que non son de calidade” destacou o portavoz nacionalista.
Estas ataduras que mantén o concello son as que impiden desenvolver o anunciado plan de emprego, do que non teñen constancia no BNG pese a que era unha das medidas estrela do alcalde, Alfredo Llano. “Nos mesmos propuxemos unha moción cun plan de emprego xuvenil ligado ós nosos sectores produtivos, no que se incentivase a innovación e impulsara o sector comercial, pero a resposta do grupo socialista non foi positiva. A realidade e que nos orzamentos adicase a mesma cantidade a este apartado que no ano anterior” salientou Pillado.
Ás promesas incumplidas engádense promesas das que apenas hai novidades
A nivel de urbanismo e inversións, a falta de coñecer que pasará coa Escola Infantil, os nacionalistas poñen a ollada noutra das apostas socialistas na campaña eleitoral de Maio de 2015, a EDAR. “Soubemos de reunións con Augas de Galicia fai uns seis meses, falouse de ampliación (por problemas cos terreos para facer unha instalación nova) pero ahí quedou todo, non hai mais información ó respecto, mentres a preocupación entre os veciños medra dada a importancia do servizo” dixo o voceiro do BNG.
No ámbito cultural, dende o consello local do BNG recoñecen a actividade que se leva a cabo a nivel cuantitativo, mais neste aspecto atópanse luces e sombras. Non se pode esquecer o que acaba de pasar coa Banda de Música, na que a xestión socialista non foi moi diferente da anterior do PP. “A programación cultural foi moi completa e variada, pero iso queda en nada cando se bota á basura un traballo cultural de base de décadas coma o que se facía na Banda Municipal. Noutras cuestións coma os estatutos da Escola de Música ou a situación da Radio tampouco temos constancia de que mudara nada nestes doce meses” finalizou Pillado.
En resumo, o goberno municipal de Burela apenas cumpriu co seu programa electoral neste primeiro ano de goberno en case nengún dos aspectos analizados. Como exemplo do mais sinxelo: o alcalde prometeu unha auditoría das contas do concello; un ano despois aínda non existen resultados. Para o BNG, o goberno municipal perdeu un ano e ten moito que traballar nos tres anos que lle quedan de lexislatura.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



