Viveiro, 18 de Xuño- Este sábado pola tarde, ás 20:00h, celebrouse un acto político en Viveiro no Conservatorio Municipal, onde se achegaron arredor de 35 persoas para escoitar aos candidatos e candidatas de En Marea ao Congreso e o Senado para estas elección do 26X.
Nel participou tamén o deputado de AGE Ramón Vázquez, que manifestou que “nestes tempos de febleza democrática hai que lembrar que as consecuencias do neoliberalismo se traducen en pobreza. Seis de cada dez familias chegamos a final de mes con problemas. A dereita política e sociolóxica estránase de que a Marea medre. O que é incomprensible é que non medre máis. A suba de luz e gas, o alugueiro, a hipoteca, o estado das pensións, a emigración, o traballador pobre…esa precariedade é a que chaman saída da crise. En Marea xurde para que os pequenos nos xuntemos, e exerzamos a lexítima defensa dos nosos dereitos fundamentais. Eles defenden privilexios”.
Modesto Renda, candidato ao Senado e concelleiro de Vilalba Aberta, tamén interviu asegurando que: “A defensa da democracia e da soberanía son a mesma cousa. Escollemos representantes para que gobernemos nós e non poderes alleos. En Marea, en pouco máis de 6 meses, fixo un traballo moi importante. En Marea non ten dependecias e estamos orgullosos de tecer alianzas con outras forzas do estado. Houbo quen dixo que o traballo non fora bo ou que por culpa nosa non houbera goberno, o que é falso. Nós defendemos ás clases populares: se somos culpables de algo é de que non haxa un goberno que nos siga agredindo no traballo, nos servizos sociais, na política social, coa Lei Mordaza que ataca os dereitos humanos e as liberdades. Nesta segunda volta non nos deixemos enganar. Abócannos ao capitalismo feudal, ou a marchar”.
Vanessa Somoza, nº2 ao Congreso declarou que: “Demostramos no 15-M que a rúa é nosa. Os defensores das corporación e da banca, aos que as mentiras lles quedan cada vez máis ao descuberto, son falsos demócratas que pisan á maioría social. Estamos xa fartos das políticas criminais. Feijóo chegou a dicir que porque morreran uns cantos enfermos, podendo evitarse, non pasaba nada. Moi cansos da Lei Mordaza, moi cansos de que se pise tamén a liberdade: hai máis de 200 sindicalistas neste país no cárcere por defender os dereitos de todas. Cansas de inxustizas coma a do accidente de Angrois, onde parece que o único culpable foi o maquinista. Queremos un país xusto, ecoloxista, feminista. A Historia cámbiana os pobos”.
José Manuel Pérez Afonso, nº3 ao Congreso apuntou: “Somos o 99% que o pasa mal. Mais eu son optimista. As nosas avoas loitaron porque ninguén tivera que poñer cartos para pagar o médico. Eu non quero que nos volvan a esa realidade. A verdadeira revolución agora é encher o Congreso de dignidade”.
Para rematar, Miguel Anxo Fernán Vello, candidato número 1 ao Congreso dirixiuse á audiencia: “construímos aquí unha marea que convoca a xentes diferentes que apostan pola recuperación da democracia e soberanía. Concibímonos como unidade popular de liberación social que producirá de vez un cambio político en Galiza e no estado, nun momento crucial da nosa historia. O réxime putrefacto non se sostén. A corrupción da Monarquía ou do Partido Popular permítenos albiscar unha nova época ou a posibilidade de cambio sociopolítico real nas condicións estruturais que afectan directamente ás maiorías. Non vai vir o lobo, porque o lobo xa está aquí: a través da pobreza, da desigualdade, dos recurtes de liberdades e dereitos, etc…Iso é o que queremos superar.


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



