A Mariña, 19 de xuño de 2016. Olalla Rodil participou nun acto informativo en Viveiro no que o BNG – Nós Candidatura Galega reclamou o dereito da comarca a contar cunhas infraestruturas de comunicación acordes coa poboación e a capacidade produtiva e económica da Mariña. A cabeza de lista pola circunscrición de Lugo da candidatura nacionalista cualificou de insulto á intelixencia o atraso de mais de 10 anos na autovía entre Barreiros e San Cibrao e a súa conexión con Ferrol. No caso das liñas ferroviarias, practicamente inexistentes e totalmente ineficientes na comarca para a poboación e mercadorías. O BNG ven defendendo practicamente en solitario entre a s forzas políticas, a necesidade estratéxica de abrir o dique norte de Morás ao tráfico comercial.
Nun acto informativo no que participaron as candidatas un e tres da candidatura do BNG – NÓS ao congreso, Olalla Rodil e Montse Porteiro, mais a responsábel comarcal do BNG, Ana Ermida, no mercado dominical de Viveiro, as candidatas volveron incidir na necesidade do desbloqueo das infraestruturas de comunicación na comarca.
É incomprensíbel o atraso de mais de 10 anos na prometida autovía entre Barreiros e San Cibrao de competencia estatal, para a que nin sequera está redactado o proxecto construtivo. Outro tanto sucede coa variante de Viveiro que forma parte da VAP entre San Cibrao e Ferrol que sofre o mesmo atraso. As usuarias e usuarios da N642 sofren tódolos días as fochancas, as travesías e as dificultades para cruzar a comarca desde Viveiro a Ribadeo sen que se vexan a curto e medio prazo solucións a pesar do potencial económico e poboacional da comarca que se ve recurtado pola falta destas infraestruturas por estrada.
BNG – NÓS reclamou unhas infraestruturas ferroviarias acordes coas necesidades da poboación e tamén da industria. Un tren con maiores frecuencias, con vocación de cercanías, con dobre vía que permita transporte de mercadorías e persoas cunha velocidade acorde ao século XXI e que conecte a comarca co eixo atlántico e coas comunidades cantábricas ate Iruña. O Partido Popular chegou a prometer un AVE cantábrico, ao entender do BNG inservíbel, mais o que quedou foi un ferrocarril de vía estreita practicamente inservíbel que tampouco conecta a comarca co interior de Galiza.
O BNG defende en solitario a apertura do dique norte de Morás ao tráfico comercial como unha infraestrutura estratéxica para o futuro da comarca. Mentres as outras forzas políticas calan ou miran cara outro lado, hai sectores económicos como o forestal de gran importancia na Mariña, que o reclama para esquivar o monopolio de ENCE. A apertura deste peirao abriría expectativas de emprego para mais de 400 persoas e servirá para crear inercias económicas de cara a manter e impulsar o dinamismo económico da comarca.
Para Olalla Rodil e Montse Porteiro fronte ao de sempre, ou os discursos baleiros condicionados por forzas políticas estatais, o BNG – NÓS ofrece a garantía dunha representación propia, coa cabeza e o corazón posto unicamente en Galiza co aval do traballo de mais de 20 anos das deputadas e deputados do BNG que representaron a Galiza en Madrid sen mais condicións que poñer voz ao problemas e demandas de galegas e galegos.
BNG – NÓS nun escenario como o que se vai dar de ausencia de maiorías absolutas, será chave para decidir, como xa o ten sido noutras ocasións, e non dará cheques en branco ás formación políticas estatais sexan dun ou doutro polo ideolóxico, si nas propostas de goberno non se poñen por diante os intereses de Galiza, algo que so pode ofrecer o BNG – NÓS.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



