Ribadeo, 20 de xuño de 2016. Este domingo tivo lugar a clausura das Tardes de Lecer das parroquias, actividade organizada polo Concello de Ribadeo.
Ao peche do programa Tardes de lecer acudiron boa parte das persoas usuarias das escolas parroquiais, Vilela, Remourelle, Rinlo, Cinxe, As Anzas e Santalla de Vilaosende, que son os centros de xuntanzas dos veciños e veciñas de todo o concello.
Tamén estiveron presentes nesta cita o alcalde, Fernando Suárez, as concelleiras de Igualdade e de Servizos Sociais, Mari Luz Álvarez e Sonia Meilán, e a súa “profesora” como el@s din, Susana Álvarez da empresa Magüeta Animación, que fixeron entrega dos diplomas acreditativos de ter superado a actividade de memoria
Ás 17:30 horas tivo lugar o encontro na Casa do Mar, coa actuación teatral do Grupo Trípode de Alfoz composto por tres grandes da escena: Pepe Peinó, Alberte e Cachín. Un equipo moi divertido que fixo as delicias das persoas asistentes á actividade. Destacaron a participación do público, pois o seu teatro é interactivo.
“Para remate e colofón da actividade houbo uns pinchos no restaurante da Centro Social de Ribadeo e tamén se contou cunha señora algo atípica que ten a intención de aqueloutrar ela o próximo curso, MaryRusti, muller emigrada e retornada de La Coru”, explican desde a Concellaría de Igualdade.
Dende o Concello queren agradecerlles “a todos e todas a súa asistencia, non só a este evento de clausura, senón tamén ao obradoiro de memoria que se estivo a realizar durante este curso”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



