Burela, 20 de xuño de 2016. O concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández, e o técnico de Deportes, Iván Cao Lucas, veñen de presentar as actividades lúdicas que se van desenrolar nos meses de verán para os nenos e nenas de Burela.
Fernández Rey dixo que “con estas actividades dende o equipo de goberno preténdese facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ademais de impulsar a actividade física nos nosos mozos que debe de ser un dos obxetivos das administracións, e que dende o equipo de goberno de Burela vimos demostrando que esa aposta é unha realidade”.
O edil de Deportes explicou que “como novidade este ano vaise pedir que os pais ou tutores presenten un certificado médico para asegurar deste xeito que os nenos poden facer unha actividade física e que cumpren co calendario de vacinacións obrigatorias, xa que son actividades nas que participan un elevado número de usuarios e debemos de garantir uns mínimos que aseguren un desenrolo da actividade sen problemas”.
Ramiro Fernández contou que “na pasada semana xa se fixo chegar aos colexios o formulario de inscrición, e a partir do vindeiro día 27 de xuño (luns) ata o 30 (xoves) dende as oito da mañá procederase a recoller as fichas cubertas máis os certificados médicos na Casa da Xuventude”.
As actividades comezarán o vindeiro día 4 de xullo e rematarán o 26 de agosto, e desenrrolaranse entre o CEIP Virxe do Carme e a praia urbana.
As actividades que se ofertan son patinaxe, xogos tradicionais, xogos na praia e pequebasquet. Os grupos distribuiranse en diferentes idades de 5 a 7 anos, de 8 a 9 anos e de 10 anos para diante. As prazas son limitadas e seguirase a orde de inscrición para facer a selección dos participantes.
O concelleiro socialista engadiu que “dende o equipo de goberno seguiremos apostando por este tipo de actividades, e incluso tentando amplialas, xa que son moi solicitadas polas veciñas e polos veciños de Burela”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



