Foz, 21 de xuño de 2016.- O servizo de normalización lingüística do Concello de Foz anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga.
Segundo explican, “para todas as persoas interesadas en prepararse para os cursos Celga acaba de saír a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B). Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude. Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 16 de xullo”.
E engaden que “os cursos preparatorios programados son os seguintes na nosa comarca:
CELGA 4 – RIBADEO
Código: CL420162705101
Lugar: IES de Ribadeo. Rúa O Xardín, s/n
Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016
Horario: das 19.00 ás 21.00 h.
Días: de luns a venres
CELGA 2 – XOVE
Código: CL220162702501
Lugar: IES Illa de Sarón. Rúa Agramonte, s/n
Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016
Horario: das 19.00 ás 21.00 h
Días: de luns a venres
Para calquera información que se precise os interesados poden poñerse en contacto na Biblioteca Pública Municipal, no teléfono 982.140.675 ou ben no correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es”.