22 de xuño de 2016.- Os candidatos populares ao Congreso Joaquín García Díez e Jaime de Olano acompañados do coordinador comarcal da Mariña, José Manuel Balseiro e do deputado Vidal Martínez-Sierra visitaron na mañá deste mércores a empresa Mamut Technology.
Desde o PP puxeron en valor o potencial emprendedor da Mariña que personalizan dun xeito moi destacado os promotores deste proxecto empresarial que se dedica ao deseño e fabricación de maquinaria agrícola e forestal, así como a desenvolver iniciativas de investigación e desenvolvemento.
Os populares aproveitaron a visita para dar conta dalgunha das medidas que pretenden impulsar no ámbito empresarial, en concreto, estender a tarifa plana de autónomos e quen inicie un negocio de tal xeito que só pagará 50 euros ao mes durante o primeiro ano
Desde o PP comprométense a, se gañan as eleccións, baixar os impostos, en contraposición coas propostas de PSOE e Podemos que pretenden recadar máis.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



