A Mariña, 22 de xuño de 2016.- A cabeza de lista ao Congreso polo BNG – Nós Candidatura Galega participou na xornada deste mércores nun acto nos Xardíns das Vivendas Sociais de Barreiros, acompañada por outras persoas da candidatura e cargos do BNG.
Olalla Rodil non dubidou en afirmar en Barreiros, un concello xunto con outros do oriente Mariñao como Ribadeo ou Trabada que manten vivo o sector agro-gandeiro, que “o sector gandeiro na Mariña, aínda ten moitísimo peso e segue mantendo centos de familias; pero, de non ser polas políticas que o afogan, a súa potencialidade podería ser maior e falar dun sector que creara postos de traballo.”
“É incríbel que despois de todas as trabas que tiveron e siguen tendo, despois de obrigalos a mercar cota para poder adaptarse a un mercado común que se negociou pensando noutros lugares e noutros produtos; despois de que en marzo do ano pasado ano desapareceran as cotas, facéndolles perder o diñeiro investido e sen ningunha medida para paliar o seu efecto,… esta xente segue loitando por sobrevivir e seguir alimentando á poboación desde as súas explotacións, nun rural galego condenado a ser reserva turística segundo os plans da Unión Europea e os gobernos galego e español”, explicou Olalla Rodil. “Son auténticos heroes e heroínas as mulleres e homes que, pese a todo, manteñen vivas as parroquias alimentando non só ás súas familias, senón a moitas outras que, indirectamente, viven destes sectores”, afirmou.
Rodil afirmou asumir como propias as preocupacións dun sector lácteo que segue vendo “como só hai palabras baleiras de quen ten a responsabilidade política de dar solucións”, afirmaron en relación a un acordo lácteo presentado hai uns meses como a gran solución e que o único que conseguiu foi incrementar o prezo para as consumidoras e consumidores sen que iso repercuta nas produtoras. “Non pode ser que neste momento haxa persoas que teñan que poñer cartos dos seus aforros para chegar a fin de mes, porque o prezo que reciben é menor que o que lles costa producir.”
“Ninguén pode soster unha situación así e se os gobernos galego e español que teñen competencia, non poñen todo do seu lado para sentar ás empresas e lograr un prezo xusto, estarán condeando a centos de familias á miseria e a pechar explotacións punteiras, que fixeron grandes investimentos para adaptarse ás esixencias que lles marcaron no seu momento”.
A candidata do BNG -NÓS esixiu un prezo mínimo para o leite que cubra os custos de producción. “Ao igual que se marca un salario mínimo para calquera traballo, as produtoras e produtores de leite tamén teñen dereito a recibir un prezo mínimo polo seu produto. Non se trata de pedir esmolas nin axudas, simplemente se trata de garantir que estas persoas poidan vivir dignamente do seu traballo”, afirmou.
Da importancia so sector forestal na Mariña dan conta o volume de cortas sostido na comarca en 1.000.000 m3 anuais e 40 millóns de euros en transaccións madeireiras. Con todo o monopolio sobre as vendas exercido por ENCE asfixia ao sector que non atopa alternativas para dar saída á madeira producida na Mariña. BNG – NÓS aposta por xerar valor engadido ao produto para crear emprego e diversificar a produción, neste sentido reclaman a participación da administración para dar impulso ao sector, ordenándoo, impulsando proxectos de biomasa ou fabricación de pelets para xerar emprego e mesmo como estratexia para evitar incendios forestais.
Necesidade dunha forza galega para representar ao sector agrogandeiro
Desde Nós Candidatura Galega sinalan a importancia de contar con unha voz integramente galega para lograr que o peso que ten Galiza como produtora de leite se reflicta nos debates e, sobre todo, nas solucións que se poidan adoptar. “Non é de recibo que producindo o 40% do leite de todo o Estado, as produtoras e produtores galegos sexan os que menos cobran polo leite e que ninguén se escandalice sobre esta cuestión”, afirman.
“Os problemas das ganderías galegas só están na mente de quen ama e quere futuro para este país e esta comarca, no BNG – NÓS comprometémonos a seguir loitando para que o agro galego e mariñao teña futuro e sexa unha saída laboral, na que as persoas mozas poidan confiar para quedar nesta comarca e garantir o seu desenvolvemento”, concluíu a candidata.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



