Foz, 29 de xuño de 2016.- A Casa do Concello de Foz acolleu a celebración dunha reunión para coordinar o plan de emerxencias da verbena da festa do Carme de San Martiño que se celebrará o día 23 de xullo.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou este mércores que “no día de onte tivemos unha reunión de seguridade para organizar unha das verbenas máis concorridas de Galicia como é a do Carme de San Martiño. Tal e como se quedou na xunta de seguridade local que se celebrou en datas pasadas, esta verbena, que será o 23 de xullo, ten o seu plan de seguridade que onte foi estudado por todos os que estivemos presentes: representantes da Garda Civil, da Policía Local de Foz, da comisión de festas, a empresa de seguridade privada que vai levar o tema interno, os propios redactores do plan de emerxencias e eu mesmo”.
O rexedor municipal engade que “analizáronse certos riscos, temas puntuais e accións que se deben facer. Unha delas é un cambio importante con respecto a outros anos, xa que se cortará o acceso para os coches a parte da festa a partir das once da noite, para que queden liberados os accesos e poidan entrar vehículos de emerxencias ou calquera dotación que sexa necesaria e, sobre todo, coordinar posibles riscos que poidan suceder, como incendios ou demais”.
Javier Jorge Castiñeira subliña que “foi unha reunión moi interesante na que todos expuxemos a nosa opinión. Este ano a comisión vai facer un esforzo importante para poñer seguridade privada e, por outro lado, as administracións, tanto a local como a Garda Civil e a Dirección General de Tráfico van intensificar os seus reforzos de efectivos para ese día”.
O alcalde focense manifesta que “este plan de seguridade será o que marque o guión para que a festa leve un transcurso normal. As orquestras rematarán ás seis da mañá e a partir dese momento teremos aproximadamente unha hora para poder ir desaloxando con total normalidade”.
Javier Jorge Castiñeira lembra que “tamén haberá, como todos os anos, servizos de autobuses tanto desde o núcleo urbano de Foz como desde outras localidades. Todos aqueles que poidan evitar subir co seu coche que o fagan, pois o servizo de autobuses vai estar durante toda a noite”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



