Tal como acontecera co pesticida flufenoxuron, a CE adía 18 meses máis a prohibición do glifosato. Fronte aos 15 anos que pedía a industria, 18 meses é unha prohibición “en diferido”. Trátase de dar saída aos stocks de Monsanto…
18 meses de graza vén de conceder a Comisión Europea a Monsanto para seguir comercializando e usando o glifosato sen practicamente restricións na UE. Deste xeito, o herbicida máis usado no mundo e considerado “probablemente canceríxeno para humanos” pola OMS, seguirá estando permitido.
Nen as advertencias da IARC, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, dependente da OMS, nen a aplicación dos Principios de Precaución e Mínima Exposición, consagrados nos tratados da UE, fixeron que a Comisión Europea considerara antepoñer a legalidade e a saúde ambiental e cidadá aos intereses de Monsanto.
A CE dille dar con esta extensión da autorización para o glifosato, 18 meses de prazo á Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas para acumular evidencias sobre os efectos negativos deste composto. Mais a OMS é clara, o glifosato foi incluido pola OMS no grupo 2A “Axentes ou misturas probablemente carcinóxenas para o ser humano” xa que segundo a axencia internacional contra o cancro:
“Existen probas limitadas da carcinoxenicidade en humanos e probas suficientes da carcinoxenicidade en experimentación animal. Nalgúns casos, un axente (ou mistura) pode ser incluido nesta categoría si existen probas inadecuadas de carcinoxenicidade en humanos e probas suficientes de carcinoxenicidade en animais de experimentación, existindo unha forte evidencia de que na carcinoxenia están implicados mecanismos que tamén operan nos humanos.”
Ademais, un recente estudo publicado na revista The Lancet sobre 5 coñecidos herbicidas e pesticidas, o glifosato amosou “evidencia limitada” de que pode producir linfoma no-Hodgkin en seres humanos, e probas “convincentes” de que pode causar cancro en animais de laboratorio.
Resulta moi improbábel pois que un departamento burocrático da UE rebata en 18 meses as numerosas evidencias científicas sobre a toxiciade do glifosato. Xa que logo, non dubidamos que pasado este prazo, o glifosato será definitivamente prohibido, polo que este periodo de graza concedido pola CE ao glifosato, servirá unicamente para que Monsanto poida dar saída aos stocks deste veleno.
O estado español é un dos máis firmes defensores deste veleno, malia ás evidencias da súa toxicidade. Tamén é o país da UE que máis transxénicos e eucaliptos planta, e o glifosato o principal herbicida para fumigar os cultivos modificados así como os eucaliptais de NORFOR-ENCE.
Dende ADEGA reclamamos outra volta que, os concellos, deputacións e Xunta non agarden até o 2018 e deixen de usar xa este perigoso herbicida. Non queremos ser ratos de laboratorio por outros 18 meses: a protección do ambiente e a saúde debe primar sobre o intereses comerciais.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



