Burela, 1 de xullo de 2016. O salón de plenos acollía este venres a recepción ofrecida polo Concello ao equipo cadete do Porto de Burela polo título de liga acadado e polo ascenso á liga galega de fútbol e tamén ao equipo xuvenil polo título de Lugo. O acto estivo presidido polo alcalde, Alfredo Llano, e polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.
O edil socialista subliñou que “unha vez máis o deporte base segue a traernos éxitos para Burela. Estamos moi orgullosos do traballo e dos títulos conseguidos por estes rapaces”. Fernández Rey lembrou que “o deporte base é unha prioridade absoluta para nosoutros. Felicitamos á directiva, ao corpo técnico, aos xogadores e á afección por esta tempada e agardamos que o deporte base nos siga a deparar máis momentos como este”.