Mondoñedo 6 de xullo de 2016.- A Escola Municipal de Música ‘O Pallarego’ de Mondoñedo celebrará este verán o VI Curso de Música Interdisciplinar que se levará a cabo do 11 ao 15 de xullo. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García e Xulia Nogueira, mestra da escola, presentaron hoxe o cartel destas xornadas.
Alberto García apuntou que “un ano máis levamos a cabo esta actividade que se dirixe a rapaces de catro anos en diante, tanto para os que tocan algún instrumento ou están comezando a facelo, como para aqueles que non se iniciaron no mundo da música pero que teñen interese en descubrilo”.
García precisou que nos cursos se “traballará o ritmo, a voz, a expresión corporal dende niveis básicos e de xeito lúdico, e ofrecerase a posibilidade de que alumnos de diferentes niveis poidan participar, incluso os máis pequenos con instrumental Orff, potenciando así o traballo en grupo e a coordinación”.
O concelleiro mindoniense precisou que “tamén imos ter o apartado de caracterización, decorados e preparación dos personaxes desta ópera baseada nun conto dos irmáns Grimm: Hansel e Gretel”.
García apuntou que o curso “é totalmente gratuíto para todos os nenos e nenas asistentes” e celebrarase “en horario de 10:00 a 11:30 horas”.
A alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia , celebrou tamén o enorme éxito desta iniciativa “que xa vai pola sexta edición e sempre conta cun gran número de participantes”.
Concerto de clausura
Como punto e final a esta actividade celebrarase un concerto de clausura o venres 15 de xullo ás 20:30 horas. O concelleiro, Alberto García, explicou que “nesta xornada desfrutaremos co traballo dos nenos e nenas participantes e os conceptos aprendidos ao longo do taller. Participarán todos os rapaces e as rapazas e interpretarán un conto musical infantil para todo o público”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



