O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, adiantou este mércores a posta en marcha dunhas das catro medidas coas que o Goberno Provincial decidiu iniciar a execución do Orzamento de 2016 para que este teña un primeiro impacto económico na provincia de máis de 1,4 millóns de euros; un impacto dirixido a potenciar as políticas sociais e a economía no conxunto do territorio lugués a través do impulso de actividades no eido do benestar, educación, igualdade, integración, deporte, turismo e cultura.
Campos Conde explicou que este investimento corresponde ao importe das subvencións nominativas das contas provinciais. Son total de 128 axudas. Destas, 90 son para colectivos e entidades sociais sen ánimo de lucro de toda índole na provincia; e 38 para Concellos. “O obxectivo destas subvencións é contribuír ao desenvolvemento da importante labor que realizan na provincia tecido asociativo, entidades sociais e municipios para potenciar as políticas sociais e impulsar a economía”, remarcou.
Políticas Sociais
Dos máis de 1,4 millóns de euros, concretamente 589.000 euros, son para impulsar o benestar, a educación, a igualdade ou a integración. Tal e como se pode constatar na listaxe que se adxunta a esta información, algúns exemplos son as subvencións para Auxilia, Cogami, Raiolas, Síndrome de Down, Aspnais, Alume; así como para a USC ou para os tres conservatorios municipais de música; ademais das axudas para Proxecto Home ou o Secretariado Xitano, entre outras moitas. “En definitiva, o 42% do orzamento total destas subvencións é para impulsar as políticas sociais; e o 58% restante para impulsar a economía a través do deporte, do turismo e da cultura”, explicou o Presidente.
Impulso da económica co deporte, turismo e cultura
A suma das axudas dirixidas a asociacións e clubes deportivos de toda a provincia para o desenvolvemento da súa actividade é de 409.000 euros. Son beneficiarios destas subvencións o Club Baloncesto de Burela, Muralla Rugbi Club, Club Atletismo Lucus, Escola Luguesa de Xadrez ou a Escola Deportiva Lourenzá Baloncesto Femenino, entre outros moitos.
As subvencións para impulsar a economía a través do turismo, é dicir, mediante “a posta en valor de recursos naturais ou de celebracións nos Concellos, que son marca de identidade propia e atraen a moitísimos visitantes”; suman un total de 249.000 euros. Por exemplo, as axudas para a festa das Fachas en Taboada; do Oso de Salcedo na Pobra do Brollón; do Viño de Amandi en Sober; do Porco Celta de Sarria; do Aceite en Quiroga; da Artesanía en Outeiro de Rei; do Queixo e do Pan de Ousá en Friol; do Berberecho en Foz; da Danza da Cervela no Incio; así como para a posta en valor das Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo, etc.
Finalmente, as axudas para impulsar a economía a través de actividades culturais ascenden a 168.000 euros. Subvencións para a Asociación de Gaiteiros Galegos, Fundación Manuel María, Premio Otero Pedrayo, proxecto Benito Losada…
Adianto do 80%
Ata o momento, o organismo provincial adiantaba aos beneficiarios desta axudas o 60% do importe total da mesma; polo que recibían o 40% restante, unha vez executada e xustificada a actividade subvencionada. “Este ano, tendo en conta a data na que nos atopamos, así como a situación na que se atopa o conxunto do tecido asociativo e os Concellos; sen dúbida, os que máis ansiaban a aprobación definitiva do orzamento da Deputación; decidimos adiantar, por primeira vez na Deputación de Lugo, o 80% destas axudas. Isto suporá unha inmediata inxección económica na provincia superior ao 1.120.000 euros”, apuntou Campos Conde.
Dende hoxe e durante os próximos 10 días, asociacións, entidades sociais e municipios poden solicitar o anticipo destas 128 subvencións. Dende a Deputación, xa se está a pór en contacto de xeito individual con cada un dos beneficiarios comunicándolles isto, e enviándolles a documentación correspondente que teñen que entregar no Rexistro da Deputación para recibir este adianto.
4 medidas para a execución de 11 millóns de euros
O adianto das 128 subvencións nominativas por valor de 1,4 millóns de euros para o tecido asociativo, entidades sociais e Concellos, é a primeira das catro medidas coas que o Goberno da Deputación decidiu iniciar a execución do Orzamento de 2016, unha vez que este foi aprobado definitivamente polo Pleno e publicado no Boletín Oficial da Provincia o pasado xoves, permitindo, polo tanto, comezar de xeito legal a súa execución. As outras 3 medidas son as seguintes:
2ª medida: posta en marcha das obras municipais de 4,9 millóns de euros do POS. O Presidente avanzou que “xa nos puxemos en contacto cos municipios para que ao longo destas semanas entreguen a memoria dos proxectos que queren levar a cabo”. Deste xeito, o Goberno poderá levar a listaxe das obras ao Pleno de xullo para a súa aprobación e inmediata execución.
3ª medida: concesión das axudas do SAF por valor de 1,5 millóns de euros. Campos Conde avanzou que a Xunta de Goberno deste venres aprobará a listaxe das Axudas ao Fogar para os Concellos.
4ª medida: posta en marcha dun plan de emprego para todos os Concellos de menos de 20.000 habitantes por valor de 3 millóns de euros. Tamén neste caso, sempre que os servizos técnicos provincias poidan facelo, aprobaranse as bases desta programación de emprego en vindeiras Xuntas de Goberno.
Deste xeito, xunto coas axudas de 1,4 millóns de euros, as obras municipais do POS de 4,9 millóns, o SAF de 1,5 millóns de euros e o plan de emprego para os Concellos de 3 millóns de euros, o Goberno busca que, este mes de xullo, o orzamento da Deputación de 2016 teña un impacto económico na provincia de case 11 millóns de euros.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



