Burela, a 6 de xullo de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) abstívose na votación das alegacións presentadas polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF ós presupostos municipais para o presente ano 2016, porque “o propio informe da concelleira de Economía, Patricia Otero, recoñece que boa parte das alegacións presentadas teñen fundamento, e que haberá que facer correccións; por eso nos parece unha bulra que o goberno municipal vote en contra”.
Os populares consideran que “este goberno leva un ano e non pode presumir de boa xestión. No asunto das alegacións, resulta patético que tarden dous meses en resolvelas, xa que se presentaron todas nos seis primeiros días de maio. Cabe preguntarse qué o que fixo a concelleira Otero nestes dous meses, si, como di ela, boa parte das alegacións teñen fundamento. A resposta é mui doada, non fixo nada.”
“E decimos que non poden presumir de boa xestión, porque tanto o alcalde coma a concelleira Otero dixeron durante os primeiros meses de mandato que Burela contaría cos presupostos para 2016 en tempo en forma, a principios de ano. Como se ve, mentiron, porque Burela conta con presupostos para este ano agora, noi mes de xullo, sete meses despóis. E como se ve, traballaron pouco ou nada”, engaden os populares.
Polo tanto, “desde o GMP entendemos que a concelleira de Economía Patricia Otero ten xa un dobre récord, pero negativo: ser a primeira concelleira de Economía dese Concello que por primeira vez tarda sete meses en aprobar definitivamente os presupostos municipais do Concello de Burela, e ser a primeira concelleira de Economía que provoca que todos os sindicatos con representación no Concello presenten alegacións aos presupostos. Todo esto agravado por ser os primeiros presupostos que elabora”.
“Todo esto lévanos a pensar que os presupostos municipáis do PP para 2015 ou eran moi bos, e por iso os prorrogaron, ou a concelleira Patricia Otero non se sentía con gañas de traballar e deixou correr o tempo, prorrogando os presupostos do ano pasado, ou as dúas cousas ao mesmo tempo”, manifestan os populares.
“Por iso, desde o GMP non lle imos pedir que se vaia para a casa (aínda que se se fora teríao ben merecido polo exposto), pero sí lle suxerimos que deixe a delegación de Economía; sólo por unha cousa, pola incompetencia que tén demostrado no seu primeiro ano con eses magníficos records negativos”, din os populares.
Finalmente, manifestan que “se ela non dá o paso de ceder a un compañeiro ou compañeira máis capaz a delegación de Economía, debería ser o alcalde quen a obrigase, porque corremos o risco de que pase o mesmo cos presupostos do ano que vén, sobre os que xa hai que comezar a traballar”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



