Un ano máis, o Castro de Ouro retrocede no tempo para volver á época medieval preparándose para a gran cita dos vindeiros 15 e 16 de xullo, datas nas que se celebrará o XVIII Mercado Medieval de Alfoz.
Como preámbulo da festa, este venres 8 de xullo a partires das 21.00 horas celebrarase un desfile de traxes medievais da colección da deseñadora Reme Espantoso Rubí.
O desfile celebrarase no Castelo de Castro de Ouro e, ademais da deseñadora, colaborarán no evento Peluquería Marité, Salón de Beleza Xanela, Óscar Novo Car, Ana Fabeiro Arte Floral, Twevento, Quorum Events, Eduardo Martínez Fotógrafo, así como membros da comisión organizadora do Mercado Medieval.
O Concello de Alfoz e a Comisión do Mercado Medieval de Alfoz, organizadores do evento, convidan a todos os veciños e visitantes a participar nesta noite máxica nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro recordando que a entrada é libre.
Ruta ecuestre
E o domingo 10 a comparsa “Os Fandangueiros ” de Alfoz organiza unha ruta ecuestre no que os xinetes poderán sentirse cabaleiros medievais. O itinerario discurrirá polo Castro de Ouro e Frouseira. Polas pegadas do Mariscal Pardo de Cela.
Paralelamente, durante toda a fin de semana, e xa desde estes días estamos a traballar para engalanar o Castro de cara á celebración do Mercado Medieval.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



