O proxecto de Edu Mariño á fronte do primeiro equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá bota a andar.
Nesta ocasión estivo acompañado do presidente, Pablo Maseda; e o secretario técnico, Oscar González, que participaban nunha reunión para empezar a planificar a nova temporada en segunda autonómica, coñecendo aos xogadores que renovan o seu compromiso para o vindeiro curso así como as posibles incorporacións que podan apuntalar o equipo.
Ademais coñecía as instalacións de Sta. Cruz onde valoraba positivamente a disposición dun campo de adestramento así coma o bo estado do céspede do Municipal de Santa Cruz.