Outeiro de Rei, 7 de xullo de 2016 .- Todo está disposto para que a vila natal de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano coas Letras Galegas, acolla o Convivio da Cultura Galega, a xornada festiva arredor do poeta que por terceiro ano consecutivo organizan a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de entidades culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo e, nesta ocasión tamén, do Concello de Rianxo.
Como nas edicións precedentes, un amplo e diverso programa de actividades irase desenvolvendo desde as 11 da mañá, cando as bandas de música Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro, a Xuvenil da Escola Municipal de Música de Rianxo e a da Asociación Solfa de Compostela reciban as persoas asistentes na horta de Manuel María, o espazo da casa natal que el máis amaba.
Ás 11.30 da mañá, o público e as bandas desprazaranse ao cemiterio parroquial de Outeiro de Rei, no que repousan os restos do poeta, para lle faceren unha pequena ofrenda poético-musical. Despois continuarase a pé camiño da Carballeira de Santa Isabel, onde decorrerá desde ese momento a xornada festiva.
Así, a partir das 12 horas actuarán ao pé do Río Miño a banda de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales; a Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, dirixida por Rafael Collazo; e a Coral e Banda da Asociación Solfa, dirixidas respecticamente por Francisco Tobar e Fernando Rey: en total, arredor de duascentas persoas participarán deste concerto previo ao xantar para ir abrindo as ganas de festa. É destacábel a actuación da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, que interpretará oito pezas musicais inspiradas noutros tantos poemas do libro de Manuel María Os soños na gaiola. Este concerto conta coa participación do Coro do CEIP Ana Mª Diéguez da parroquia rianxeira de Asados, formado por alumnado de Primaria.
Ás 14 horas está previsto iniciar un gran xantar popular na Carballeira: ao xeito das merendiñas que se adoitaban facer na Santa Isabel no tempo da infancia e adolescencia de Manuel María cada quen deberá traer a súa comida e bebida. A organización, por súa parte, dispón o espazo con mesas e cadeiras, habendo neste momento máis de 500 persoas confirmadas para participaren no xantar. Apostando en recuperar ese espírito de romaría popular a sobremesa do xantar será tempo de foliada, festa, conversa en amizade e mesmo baños no Miño para quen quixer.
Ao nacer o Convivio da Cultura Galega como unha xornada de encontro de todo o asociacionismo cultural galego de base tamén terá lugar na mesma Carballeira, como nos anos anteriores, unha xuntanza das representacións das directivas dos colectivos culturais presentes, aberto en todo caso a quen se quixer sumar a ela. O seu obxectivo é intercambiar experiencias e ideas para afortalar o movemento cultural galego de base e tecer propostas que dean na celebración de iniciativas conxuntas. Esta reunión terá lugar ás 16.30 horas.
A tarde do Convivio estará reservada de novo para a música: unha ducia de grupos musicais, de estilos que van do tradicional e o folc ao rock, irán pasando polo escenario. Xurxo Souto será quen anime unha tarde de troula na que, por suposto, non faltará a música feita cos versos de Manuel María, da man de Fran Amil e a tribo incomprensíbel con temas do disco A voz do vento.
A voz cálida e sensibilidade máxica de Uxía porán o ramo á xornada festiva cos temas do seu disco Uxía canta a Manuel María. Se este traballo musical ten o aquel especial de ter sido gravado ao vivo nun lugar como o auditorio da Casa-Museo, a antiga palleira da casa natal, o mesmo día do nacemento do escritor, o concerto que fecha o Convivio, previsto para as 19.15 horas, ten o valor engadido de se celebrar nun espazo único: lugar onde as augas do Ladra dan nos do Río Miño, espazo de festas, xogos, descubertas poéticas e traballos labregos do Manuel María neno e mozo, tan presente sempre na súa vida e na súa obra.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



