Barreiros, 7 de xullo de 2016. Este sábado, 9 de xullo, darán comezo as viaxes culturais en autobús polo concello. Foron presentadas este xoves e levaranse a cabo todos os sábados dos meses de xullo e agosto. Están organizadas por A Palleira, Aciam Barreiros, Café Bar Moderno, Barreiros Mar e Monte e Concello de Barreiros.
David Hinojosa, membro da Aciam, comentou que “estos viajes culturales en autobús serán todos los sábados de julio y agosto. Serán viajes a través de todo el concello dando a conocer un poco agricultura, ganadería, patrimonio y todo el atractivo cultural que tiene nuestro concello. Las salidas son a las once de la mañana desde la plaza del Ayuntamiento. El billete es dos euros y los niños viajan gratis”. No autobús viaxará unha guía, que lles irá contando aos viaxeiros todo aquello que van vendo.
Hinojosa subliñou que “cada viaje tiene una parada estratégica. Es una parada tipo sorpresa porque cada sábado será una diferente. Algunos sábados haremos una parada en la que puedan ver algo de cultura del concello, algo de ganadería, otras veces será una parada un poco más gastronómica, o una parada en la que bajemos a ver tener un contacto más directo con la naturaleza”.
O promotor destas viaxes convidou á xente a facer estas viaxes culturais: “os esperamos este sábado a las once en la plaza del Concello y esperamos que os guste”.
Pola súa banda o alcalde, Alfonso Fuente, declarou que “desde o Concello de Barreiros colaboramos con esta iniciativa que nos parece interesante para nestes sábados poder ter unha actividade máis. Sobre todo se nese día o tempo non axuda para ir á praia, unha boa opción pode ser pasar a mañá visitando o interior do concello.”
O rexedor barreirense considera que “sempre é moi positivo coñecer todo o concello onde se está pasando o verán ou pasando unhas vacacións”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



