O Consello da Cultura Galega, que preside o prestixoso intelectual nado en Xermade da Terra Chá, Ramón Villares, ven de publicar unha obra co título de “GALICIA CEN. Obxetos para contar unha cultura” que se resume na idea de contar a cultura galega a través de obxetos.A iniciativa xorde da reflexión de que, ademais de preservar os valores culturais do pobo, é preciso realzar o valor do patrimonio cultural e facilitar a mallor difusión e desfrute por parte da cidadanía. Entre o cento de traballos que nutren as 350 páxinas do volume atópase “O TESOURO DO BISPO GONZALO”; componse dun anel e un báculo, noutrora pertencentes ó bispo Gonzalo Froilaz. O anel é a peza mais destacada, de ouro,con cuarzo traslúcido suxeito por catro cabeciñas de paxaro, moi ben traballadas. O mais destacable é a inscripción que leva: “NOLO ESSE DATUS NEQUE VENUM DATUS”, que se traduce por “Non quero ser doado nen vendido”. Pola súa banda o báculo é de pequeno tamaño(10 cm.)de bronce cicelado que se decora con triángulos alternados e dourados que da orixe no centro a unha especie de rombos; nos seus extremos unhas molduras da paso ó bastón e á voluta; ésta ten forma de animal, de serpente, e remata nunha cabeza que leva bóla na súa boca. Anel e báculo son símbolos clásicos do bispo, dos cales o primeiro representa o seu matrimonio tanto con Deus como coa súa diócese e o segundo a súa calidade de pastor dos homes e mulleres polos que cuida e vela, o seu pobo diocesano.
Os ouxetos foron atopados en 1648 no sarcófago de pedra situado na nave sur da igrexa de San Martiño e retirados dalí en 1914. O sarcófago foi secularmente atribuído a don Gonzalo, bispo de Mondoñedo entre 1070 e 1108. Don Gonzalo formaba parte da familia mais poderosa de Galicia dos séculos XI e XII, ó ser irmán do Conde de Pedro Froilaz,aio de Alfonso VII; familia coñecida como “de Traba”, os seus bens patrimoniais centrábanse nas terras de Trastámara, entre o río Cambre e o cabo Ortegal, do bispado de Mondoñedo.
A lenda conta cómo don Gonzalo vence milagrosamente dun ataque vikingo as costas da súa diócese, efeméride que en breves datas se celebra en Foz coa festa do Desembarco Normando. A identificación dun bispo milagreiro, só coa axuda divina, deuse tal vez grazas ó seu destacado sepulcro na catedral por él reconstruída, en San Martiño de Mondoñedo.
Suso Fernández



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



