O Concello do Vicedo prepara dúas grandes actividades socioculturais para esta semana:
-Mércores de natureza: Un dos obxectivos que teñen estes mércores de natureza é dar a coñecer tanto o noso municipio como lugares da comarca da mariña e Ortegal dignos de ser coñecidos e visitados. Se outros anos visitáramos a costa de Loiba, a costa de Ribadeo, a zona da costa de Xove, etc…este ano desprázámonos ata Burela para facer a ruta costeira que une Burela e San Cibrao. Partiremos no tren das 10h desde o apeadoiro do Vicedo para chegar a Burela e emprender a ruta que nos levará ata San Cibrao. percorreremos o fermoso tramo de costa que une estas localidades, pasando pola praia da Marosa, praia de Rueta,etc…para chegar a San Cibrao e tomar o tren ás 15.45 horas. A ruta será duns 13 km. Hai que levar calzado axeitado e bocadillo e bebida. Inscrición en concello@concellodovicedo.org ou no 982 59 01 95.
-Festa do Cabalo. O domingo 17 celebrarase unha nova edición, a 18ª, da festa do turismo rural, tamén coñecida como festa do cabalo. Celébrase no parque eólico de Riobarba e haberá desde misa a primeira hora, ata degustación de productos típicos, e por suposto, as espectaculares carreiras de cabalos no entorno do parque. Finalmente, a festa rematará nunha gran festa na propia carpa.