O Valadouro acollía o VI Trofeo Castelarco en aire libre onde os arqueiros do IADOVI de San Cibrao destacaron con luz propia debido ao seu alto nivel técnico que os levaba ao podio.
Así, na categoría Veteranos de arco recurvo José Manuel García Cordido “O Campaneiro” facía o seu debú na categoría e distancia. Sobre unha puntuación máxima de 720 puntos lograba os 551 que o levarían á segunda escada do podio. Por outro lado, José María Cerdeiras conseguía os 528 que o colocaban na cuarta posición, a tan so 10 puntos da terceira praza.
Ana María Briones, a represenante do club na categoría senior dama, alzábase co primeiro posto tras conseguir os 531 puntos. E os seus fillos seguíanlle os pasos.
Gabriel Galante Briones facía o propio na súa categoría de cadete onde, cos 648 puntos conseguidos na proba ademais da primera posición rompe o seu record persoal de 642 puntos conseguido no segundo encontro da liga nacional de cadetes. Queda demostrado así que se atopa preparado para dar guerra no próximo campionato de España de aire libre para cadetes que se celebrará o 15 deste mes en Salamanca ao que acudirá representando a Galicia xunto ao seu compañeiro de club, ausente neste trofeo, Francisco Bothelo Melo.
Ángel Galante Briones na súa categoría de recurvo infantil con 527 puntos batía por 2 puntos ao actual campión de Galicia, Juan de Dios Rodríguez, do Club Arco Ferrol, e subía ao primeiro posto do podio.
Sergio López Delantero participaba na categoría noveis, e tras superar os nervios do principiante nas primeiras series lograba situarse en cabeceira tras finalizar a primeira serie por unha marxe de 13 puntos fronte ao arqueiro local Juan José Cortiñas. Despois do descanso cunhas series moi reñidas entre ambos arqueiros, Sergio lograba avantaxar ao seu rival tan so por 2 puntos, conseguindo os 567 puntos que lle daban a vitoria.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
