As actividades da segunda semana do #CulturaAberta da Deputación, unha iniciativa posta en marcha o pasado 5 de xullo coa que o organismo provincial ofrece máis de 30 actividades lúdicas e culturais, completamente gratuítas para os participantes, arrancan este martes. Hai que lembrar que todas estas actividades celebraranse na explanada do INLUDES, ao carón da Capela de Santa María. Máis información sobre horarios, datas e outras actividades culturais en www.deputacionlugo.gal.
Programación
Martes, 12 xullo ás 21:30 horas.- Documental Frankenstein 04155
O 24 de xullo de 2013 o tren Alvia 04155 descarrilaba a entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha soa causa… ¿Qué hai detrás do accidente ferroviario máis grave da historia da democracia? ¿Cáles son as causas e quen tomou as decisións que contribuíron á catastrofe? Ata o momento estes datos permanecían ocultos. Agora xa non.
Mércores, 13 xullo ás 18:30 horas.- Uxía e Magín Blanco. “Canta o cuco”
“Canta o cuco” é a interpretación que dous experimentados creadores vinculados á música infantil. Uxía e Magín Blanco, fan dos poemas de Manuel María para as nenas e os nenos do século XXI; unha proposta na que unha globalidade de ritmos e estilos musicais visten os versos do poeta, desde a música tradicional propia ata os universos próximos de pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano. E todo, baixo a ollada do creador escénico Inacio Vilariño da compañía Fantoches Baj.
Xoves, 14 xullo ás 21:00 horas.- Adulfe&Alguidar e Zoelas
Adulfe&Alguidar: Sete voces dan corpo a un proxecto de canto e percusión que atravesa simboloxías e tradicións con ritmos de adufe e outros instrumentos, onde experimentar é sempre un convite. No adufe –instrumento musical de orixe árabe- atopamos un medio de viaxar, cal roda cadrada, que axudado por outros compañeiros sonoros, nos poden levar ata onde esteamos dispostos a chegar. No alguidar –peza de orixe árabe que habitualmente serva para lavar ou amasar- temos a metáfora da reactivación, da reivindicación e da mestura de sonoridades.
Zoelas: O grupo Zoelas, presenta en Cultura Aberta a súa orixinal proposta. Unha aposta pola música de raíz mesturada con ritmos doutros países que dan lugar a un concerto no que se viaxa dende a tradición galega ata o blues, a bossa nova ou o flamenco. Zoelas son Beatriz García, Pilar Naveira, María Bouzas, Érica García e Patricia Coucheiro nas noves; Michel Rivadulla na guitarra e no acordeón; Bruno Villamor na requinta, gaita e zanfona; e Miguel Varela “Miki” nas percusións. A muller, o idioma e o rural encamiñan as letras das pezas que son na súa meirande parte, de creación colectiva.
Venres, 15 xullo ás 21:00 horas.- Teatro do Morcego: Presidente.
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota do seu partido, o Presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará aos votantes nas súas casas. Distintas familias recibirán a inesperada visita: unha familia humilde en situación crítica, unha familia ultraconservadora, ou unha familia monoparental antisistema. Conseguirá o Presidente o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catros anos? Coñecerán o resultado das eleccións ó final desta comedia electoral de manipulación política.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



