Turismo de Galicia destinará máis de 3,8 millóns de euros ás obras de recuperación, sinalización e mellora do Camiño do Norte e no Camiño Primitivo, que inclúen a adaptación do itinerario á delimitación oficial. O anuncio de licitación destes traballos publicarase no Diario Oficial de Galicia de mañá, dispoñendo un orzamento de 2,31 millóns de euros para as obras do Camiño do Norte pola Costa e de 1,53 millóns de euros para o Camiño Primitivo.
En ambos os dous casos as actuacións previstas actuarán sobre a sinalización existente e tamén sobre o estado de accesibilidade da ruta. O obxectivo é unificar e harmonizar a sinalización do Camiño de Santiago, un dos símbolos de Galicia, e ofrecer un mellor servizo os cada vez máis peregrinos que se decantan por estes itinerarios.
De feito, en 2015 rexistráronse un total de 27.301 peregrinos que chegaron a Compostela por estes dous itinerarios, un 10,40% dos contabilizados no total de rutas. Destes 27.301, 15.828 peregrinos chegaron polo Camiño do Norte e 11.473 peregrinos polo Camiño Primitivo. No que vai de ano, as dúas rutas recibiron 10.280 peregrinos, o que supón o 8,73% do total.
Detalle das actuacións de acondicionamento
No Camiño do Norte os traballos levaranse a cabo por treitos: de Ribadeo a Lourenzá e de Trabada a Lourenzá; de Mondoñedo a Vilalba e entre Lourenzá e Abadín; de Guitiriz a Friol; e de Sobrado a Arzúa e entre Sobrado e O Pino. Limparanse as cunetas e os noiros para evitar, entre outras cuestións, que se inunde a superficie de paso. Formaranse explanadas nos camiños de nova apertura e retirarase a terra vexetal.
Doutra banda, a actuación no Camiño Primitivo dividirase en tres tramos: treito da Fonsagrada; dende o límite de Baleira con Fonsagrada ata San Miguel do Camiño, en Castroverde; e treito dende esta localidade ata Melide.
Neste caso, limparanse tamén as cunetas para evitar posibles inundacións. Procederase ao acondicionamento e apertura daqueles tramos que o precisen e recuperarase o dominio público nos puntos nos que se impida o tránsito. Tamén se executarán pasos de auga para evitar a erosión do firme.
Melloras na sinalización das dúas rutas
Así mesmo, no que se refire á sinalización, no itinerario principal do Camiño Primitivo tenderase á unificación das mouteiras, adoptando un único tipo. Substituiranse as defectuosas e aumentarase o seu número colocando unhas novas naqueles puntos onde sexa necesario reforzar a sinalización por ser puntos de posible confusión como cruces. Tamén se disporán outros elementos de sinalización como cunchas.
En ambos os dous casos incorporarase unha sinalización provisional de obra para que o Camiño nunca deixe de estar sinalizado e todas as actuacións se realizarán coas máximas garantías de respecto aos valores tradicionais.
Colocaranse mouteiras, cunchas, placas e outros sinais atendendo ao Manual de Sinalización Turístico de Galicia e corrixiranse os desfases de quilometraxe que se derivan da nova delimitación. En relación a este asunto, comprobouse unha diferenza nas distancias entre os puntos quilométricos marcados nas mouteiras e nova delimitación, polo que se considerou necesario reubicalas ou colocar novas placas para reflectir as novas distancias, así como para repoñer as que están rotas ou foron arrincadas.
A actual sinalización do Camiño dispón que as mouteiras se colocarán cada 500 metros no trazado principal ou ao inicio e final cando son itinerarios complementarios ou de vestixios históricos. As mesmas deben ser de granito, con frecha tallada e pintada en amarelo, placa de latón co punto quilométrico e co texto “Galicia” gravado. Tamén se disporán mouteiras co nome do concello tallado naqueles lugares máis representativos.
As cunchas, serán de cerámica e colocadas en horizontal cunha frecha das mesmas dimensións indicativa da dirección. Nos lugares considerados Ben de Interese Cultural disporanse cunchas de bronce e nas zonas máis urbanas que discorran por estrada, sinais metálicas.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



