O secretario do Parlamento galego e voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo trasladar as súas condolencias aos familiares e amigos do percebeiro falecido en Xove. Amais amosou a súa solidariedade co conxunto do sector pesqueiro da comarca conmocionado con tan tráxico desenlace.
“Hoxe é un día triste, para Galicia, para o sector do mar da nosa comarca, e para uns esforzados profesionais que traballan nun medio -onde o risco é alto- e por desgraza cobrouse hoxe unha nova vítima”