Bruxelas, 14 Xullo2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, rexistrou no día de hoxe dúas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea (CE), empregando para unha delas a posibilidade de rexistrala pola vía de urxencia -permitida unicamente unha vez ao mes-, denunciando a través destas comunicacións a escandalosa complicidade do Partido Popular (PP), a través da Xunta de Galicia e o Goberno do Estado en funcións, ca planta de gas licuado Reganosa, da que o seu principal accionista é o Grupo Tojeiro (50,69 % das accións), seguido pola propia Xunta de Galicia (24,31 % das accións).
A través da pregunta rexistrada pola vía ordinaria puxemos en coñecemento da Comisión Europea o feito de que, malia que o Tribunal Supremo do Estado Español anulou as resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 3 de xuño de 2002 -instalación da planta- e 13 de febreiro de 2004 -proxecto de execución- relativas a Reganosa, o Consello de Ministros en funcións -dominado polo Partido Popular- acordou no mes de maio excluír do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL), apenas tres meses despois de que o Goberno da Xunta de Galicia, tamén controlado polo Partido Popular, desembolsara 8,9 millóns de euros converténdose no segundo accionista desta empresa.
Ademais, para poder eludir cumprir as sentencias do Tribunal Supremo, o Consello de Ministros alegou a suposta aplicación do Artigo 8.3 da Lei 21/2013, de 9 de decembro de Avaliación Ambiental. Sen embargo, este Artigo indica precisamente que so proxectos declarados de especial interese para a seguridade pública poden ficar exentos de avaliación ambiental, o cal resulta totalmente contraditorio na súa aplicación a unha instalación como Reganosa, que constitúe en si mesma un atentado contra a seguridade pública ao estar neglixentemente ubicada a menos de 200m do centro urbano de Mehá, a 800m dun arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico.
Por outra banda, esta tramitación de urxencia que derivou na Resolución da Dirección Xeral de Minas do 7 de xullo (BOE 9 de xullo de 2016), pola que se concede autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da pranta feita polo Goberno en funcións, non foi sometida a consulta, tal e como establece a Directiva 2012/18 UE do Parlamento e do Consello de 4 de xullo de 2012, polo que preguntamos directamente a Comisión Europea que mecanismos pensa adoptar para reverter esta situación.
Asemade, queremos concretar a través destas pregunta se o Goberno español informou á Comisión previamente á concesión desta autorización, tal e como establece o Art 2.4 da Directiva 2011/92 e, no seu caso, en que data concreta e a través de que documentación.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



