O pasado luns 11 de xullo de 2016 deu comezo o servizo municipal de ludoteca, que este ano se instalou no pavillón do IES Vilar Ponte, para prestar este servizo durante os vindeiros dous meses, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, co que se amplía en unha hora o horario de 2015 (e que, á súa vez, xa se incrementara en unha hora máis con respecto ao anos anteriores); ampliando o horario deste servizo, o Concello pretende facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais.
Ao longo do verán farán uso deste servizo 157 nenos, cubríndose a totalidade das prazas ofertadas en catro días; o elevado número de persoas interesadas en facer uso deste servizo municipal demostra a súa importancia e necesidade, permitindo ás familias a conciliación familiar e laboral durante o periodo estival e ofrecendo aos máis pequenos da casa unha actividade lúdica de gran calidade e aceptación.
Nestes primeiros días, que serviron para que nenos e monitoras se coñeceran e para organizar aos nenos en distintos grupos de traballo (dous grupos de nenos de 4 a 6 anos e outros dous grupos de nenos de 7 a 12 anos), fixeron varios murais e debuxos que xa decoran as paredes do pavillón, crearon os seus propios carnets do ludoteca, realizaron manualidades e xogaron tanto dentro como fóra do pavillón.
En definitiva, a valoración que dende o Concello se realiza destes primeiros días é moi positiva e o elevado número de nenos que participan demostra que a ludoteca municipal é un servizo amplamente valorado.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



