O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, e do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, avanzou que este luns convocou unha xunta de voceiros provincial para aprobar a declaración institucional proposta pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en condena do Golpe de Estado de 1936 con motivo do seu 80 aniversario hoxe mesmo, así como en recoñecemento de todas as vítimas da represión franquista. A declaración institucional foi acordada por unanimidade. O Goberno da Deputación tamén decidiu situar no balcón do Pazo de San Marco unha pancarta co lema “XAMAIS UN 18 DE XULLO”.
Campos Conde remarcou que “non se pode esquecer o que pasou para que nun futuro non volvan a suceder o mesmo. Esta ditadura matou a miles de persoas. Centos e centos seguen en fosas comúns. Moitos cidadáns foron condenados a vivir no ostracismo, a fuxir de España e morrer lonxe das súas familias. Perseguise a quen pensaba forma diferente, sen respectar, nin tan sequera, o pensamento libre de cada persoa ou a súa natural condición sexual”.
O Presidente fixo fincapé na represión que sufriron miles de persoas, en especial as mulleres, “que foron tratadas como cidadáns de terceira. Nin sequera tiñan dereito a voto”. Por todo, insistiu “non debemos de esquecer eses actos, hai que rexeitar e condenar este tipo de actuacións, que o único que perseguen é limitar as liberdades”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



