O grupo de Montaña do Club Marqués de Casariego propón para este verán unha saída estival de montaña ao macizo de Gredos onde preparan actividades -travesías, ascensións a recoñecidas cumes coma Mira ou Torozo- para cinco días: dende o 30 de xullo ao 3 de agosto.
O macizo de Gredos é un sistema montañoso granítico situado entre Ávila, Salamanca e Cáceres, con numerosos cumes por encima do 2000m. Un parque natural de lagoas, gargantas, circos, rochas, galayos e depósitos morrénicos,… todo unha paisaxe modelada pola erosión glaciar. Destacan o Circo e a Lagoa Grande de Gredos, presididos polo pico Almanzor, con 2.592 metros, a máxima altura de todo o Sistema Central.
O primeiro día farase noite no refuxio de montaña Elola a 2000m. Desde Plataforma de Gredos realizaremos unha aproximación dunhas 3 horas a pé, tendo que transportar na nosa mochila todo o necesario para pasar a noite e realizar a travesía do día seguinte. As noites restantes pasaranse xa no aloxamento de Hoyos do Espino (Ávila).
Prezos
O prezo da actividade -incluíndo viaxe e media pensión- para @s soci@s colaboradores será de 210 euros, 252 para @s soci@s e 305 euros para @s non soci@s.
Inscricións
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse ata o luns 25 de xullo a través dos telefónos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) ou 608 540 828 (Eva) ou do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



