A terceira edición do Campus de Fútbol e Fútbol sala Basee de Cangas del Narcea contará coa proxección futbolística do mozo Hélder Gonçalves e co preparador físico Alfonso Mera desde o CD Burela FS Pescados Rubén.
Os dous representantes da estrutura mariñá, con equipos masculino e feminino en Primeira División, completarán o elenco de invitados na cita que coordina Juanma Marrube baixo a organización da Fundación Imdecum. Tamén estarán o xogador natural de Cangas Edgar Colar Alves, tras a súa tempada no Moncitorul Resita de Romanía, e outros dous das referencias laranxas do Pescados Rubén, Jorge Matamoros e Iago Míguez.
Matrícula aberta ata o mércores 20
Todos aqueles/as mozos/as de entre 6 e 17 anos que queiran gozar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poden reservar a súa praza ata o mércores 20 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.
Tarifas
O prezo da matrícula será de 180 euros ou 340 con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun nen@ terá un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea, ED Burela FS e AFD Porto de Burela terá un 10%.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
