CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. A consecuencia inmediata da intentona golpista en Turquía foi a nova do pasado domingo, dous días despois da data de Autos, de que se procedera á detención dos instigadores: entre eles 2.745 membros do corpo xudicial, incluíndo ao Xuíz da Corte Constitucional –a máis alta instancia xudicial do país-.
As reaccións dos distintos actores internacionais non tardaron en desencadearse, á condea unánime de Merkell ou Hollande sumouse unha mensaxe de prudencia que pedía que se xulgara aos golpistas con respeto ás regras. Asemella difícil que se poida respetar nada nun escenario no que o primeiro ministro turco, Erdogán, anunciaba que o pobo ía ter por diante, de seguro, un período de moita calma pero que, sen dúbida, habería moita represión.
Xa pasados máis de dous séculos da formulación da teoría da separación de poderes consumada no Espírito das Leis de Montesquieu da a impresión que a súa postulación teórica segue a ter idéntica vixencia e a súa aplicación práctica segue a ser igual de imperfecta; a purga levada a cabo en Turquía é un exemplo práctico indiscutible.
O estado turco leva xogándose nas últimas datas a súa inclusión como membro da UE a cambio de facer de muro de contención ou parapeto fronte ás masas de refuxiados Sirios que foxen do inferno da guerra, porén, a pesar da evidente falta de lexitimidade democrática tanto do partido do goberno coma dos militares sublevados, o que alí acontece non deixan de ser “cousas de casa” e o prudente é deixar que cada un goberne na súa.
E como se trata de non interferir no doutros, traído a colación da vindeira festividade nacional o próximo día 25 de xullo, cumpre lembrar que hai xa tres anos do accidente ferroviario de Angrois; pasado este tempo da a impresión de que as feridas abertas en torno ao sinistro seguen a estar máis latexantes que nunca, que a data festiva quedou ensombrecida de xeito perenne pola traxedia.
Hai escasos días tíñamos coñecemento do informe confeccionado pola Axencia Ferroviaria Europea a solicitude da propia Comisión; o que determinou devandito documento é que a investigación levada a cabo pola Comisión Española de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non foi independente e ignorou elementos clave para a determinación de responsabilidades. Entre as eivas da actuación da CIAF facíase especial mención ao análise e pesquisas realizadas coa liña de alta velocidade na que aconteceu o accidente, á seguridade da liña e ás decisións sobre esta materia tomadas por RENFE e por ADIF, sendo consideradas unha violación da Directiva Europea de Seguridade Ferroviaria pola que a Comisión Europea abriu un expediente en España.
O denominador común entre Turquía e Galicia sería o sometemento do poder xudicial ao poder executivo, a ausencia de independencia que determina a conversión dun estado de dereito nun país bananeiro. Por esta razón, rondando os tres séculos da publicación da obra cumbre de Montesquieu, podemos dicir que andaba no certo cando afirmou que non hai peor tipo de tiranía que a que se exerce á sombra das leis e baixo a calor da xustiza.
Pablo Álvarez Ramos.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



