Trasbar, 01 de agosto de 2016.- Un ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante tres días: o venres 16, o sábado 17 e o domingo 18 de setembro.
Tres días de festa
Os actos comezarán o mércores 16 de setembro, coincidindo coa festividade oficial, celebrarase a romaría da Santa Eufemia. O programa inclúe unha misa ás 13.00h. Ao remate da misa, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. De seguido, terá lugar a actuación do grupo Saíñas, de Xove, cortesía do programa Musiqueando da Deputación provincial. Ás 17.00 h, peregrinación á capela da Santa Eufemia e, pola noite, verbena con OcaBand.
Na fin de semana os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.30h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e sesión vermú. Xa pola noite, as orquestras Ceniza e Samba serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.
O domingo a misa será ás 13.30h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúo Merengue, dando por rematado así o programa festivo deste ano.
Recuperación da tradición
A asociación de veciños inclúe no programa un xantar campestre nas inmediacións da capela e, ás 17.00 h, unha peregrinación á antiga capela da Santa Eufemia xa que “queremos recuperar a romaría da Santa Eufemia de antano, cando a xente viña andando ata a capela e xa quedaban a xantar en Trasbar”
A organización agarda que este impulso á recuperación da tradición teña unha boa acollida e poder contar con máis romeiros en cada edición.
Agradecementos
Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente o gran esforzo económico que fan os veciños de Trasbar, así como a axuda de empresas e establecementos que colaboran (de xeito económico ou mercando rifas) e, tamén dun xeito especial, do Concello de Cervo
AAVV Burgo de Trasbar























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



