Ribadeo, 3 de agosto de 2016. Este mércores foi inaugurada no Forte de San Damián unha nova edición de Mariñarte, que permanecerá aberta ata o día 16 deste mes.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “comezamos este verán no mes de xullo cunha festa da creatividade que foi a Feira do Libro, seguimos este verán comezando o mes de agosto con outra festa da creatividade, que para nós ten un significado especial, que é Mariñarte. Poñemos moita paixón e moita emoción na organización desta exposición, en todas pero nesta especialmente, porque é unha maneira de dar a coñecer a capacidade creativa dos mozos e mozas, homes e mulleres de A Mariña luguesa e calquera persoa achegada que teña amor por esta terra e queira tamén mostrarnos o seu saber facer”.
Farruco Graña explicou que “este ano Mariñarte ademais ten unha vocación peculiar reforzando as anteriores edicións porque hai moita variedade tanto de estilos como de idades. Estamos acostumados a promocionar as exposicións para todo o mundo, pero moitas veces o público que se achega ata aquí é xente adulta”.
O responsable de Cultura convidou aos máis novos “achegádevos tamén a Mariñarte porque non é só cousa de adultos porque este ano hai distintas seccións”.
Graña detallou que se trata de “maxia feita por persoas como Carla Méndez, Miriam Viveiro, Yasmina Pena, Rosana Míguez, Laura Alonso Carracedo, Hector Manasé, José Bruzos, Virginia Quintana, Ánxela López e Lucía Catuxo. Todos eles e elas móstrannos a súa obra no eido da cerámica e da moda, da pintura, da fotografía, da escultura, un feixe de obras que poderemos contemplar con calma, incluso cada día unha sala porque hai distintas salas con distintos estilos”.
O concelleiro de Cultura ribadense engadiu que “ademais este ano en Mariñarte podemos destacar que tamén xa hai traballos de alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros na sala xuvenil. Na sala infantil poderemos ver traballos de pequenos e pequenas que traballan de forma coordinada con MauMarela. Haberá ademais unha demostración artística de olería o 10 de agosto a partir das 11:30 horas no Forte de San Damián. Tamén haberá un obradoiro de construción de bonecos triádicos a cargo de Maumarela os días 9 e 11 de agosto de 11:30 a 13:30 horas”. Farruco Graña subliñou que “moita variedade pero nada de actitude pasiva, calquera persoa que mira unha obra de arte xa actúa, interactúa con esa obra, especialmente se despois en canto que os artistas e as artistas son de aquí e podemos falar con eles da súa obra”. E animou “ a todo o mundo, pais e nais, nenos e nenas, mozos e mozas, achegádevos pola exposición do Forte de San Damián porque Mariñarte paga a pena”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



