Ribadeo, 3 de agosto de 2016. O salón de plenos acolleu a recepción ofrecida poloa Concello a Nerea Lago Cobas e María Díaz Freire, como recoñecemento á medalla de prata en dobre scull infantil feminino acadada no campionato de España celebrado en Sevilla neste 2016. Ao acto asistiron a alcaldesa accidental, Ana Martínez, e os concelleiros de Deportes e Igualdade, David Rivas e Mariluz Álvarez Lastra.
A rexedora dixo: “este acto para min é, en certa medida, incluso máis emocionante que noutras ocasións por varias cuestións e unha paréceme moi importante resaltala aquí, porque durante todo este ano puiden ver o esforzo e o traballo, como unha nai máis do club de remo, destas nenas e de todas e todos os seus compañeiros. Creo que este triunfo e este éxito que ten o club deriva de todo ese esforzo, deses días de chuvia nos que saían igual, das horas, das dificultades, … Creo que ese é un mérito importantísimo que moitas veces non se valora”.
O edil de Deportes, David Rivas, sinalou que “é unha satisfacción enorme volver recibir aquí, na casa de todas e todos os ribadenses, un ano máis a María e a Nerea. Estannos acostumando fatal e o ano pasado cando lles diciamos neste mesmo acto que contábamos velas aquí este ano a verdade é que eu dicíallelo con todo o convencemento do mundo, porque cando se traballa como elas o fan, e isto fágoo extensivo a todo o resto de compañeiras e compañeiros do club de remo, ao final os resultados acaban chegando. Pode que non sexa de maneira tan inmediata como no seu caso, que nos teñen asombrados, pero ao final chegan. Entón tamén quero animar aos demais a que sigades traballando como o estades facendo, que todo chegará”.
O edil manifestou que “nestes dous anos aproximados que leva o club de remo funcionando estamos vendo como medrades como deportistas con pasos de xigante, pero o máis importante para min é que estamos asistindo a como estades medrando como persoas. O que pasou hai un par de semanas nas Aceas, que se quedou en anécdota afortunadamente, é moi sintomático e pon de manifesto a importancia do traballo en equipo ben feito, que levado a vida do día a día pode incluso servir para axudar a unha persoa que está en apuros ou mesmo salvarlle a vida”.
David Rivas engadiu: “desde este equipo de goberno sentimos un enorme orgullo de que nos representedes deportivamente unhas persoas coma vosoutros, aínda que os resultados non acompañasen, pero cando estades traendo éxitos para Ribadeo continuamente o orgullo é moito maior. Este ano traedes para Ribadeo unha medalla de prata, un subcampionato de España, e eu case me atrevería a dicir que ten certo sabor a ouro e que case lle daría a mesma importancia ou máis que ao ouro do ano pasado, sobre todo por dous motivos: un deles porque vos consolida como equipo e queda demostrado que o do ano pasado non foi unha casualidade nin moito menos; o ano que ven ides ser o bote a bater; e a outra razón é que de cara ao ano que ven estaredes xa máis asentadas na categoría, seredes infantís de último ano e ábrese unha ventá de esperanza e de ilusión de cara ao que poidades facer no próximo campionato de España. Loxicamente hai que ir pasiño a pasiño, gozar desta medalla de prata e seguir traballando na mesma dirección que o estades facendo ata agora. Darvos os parabéns e emprazarvos para o ano próximo xa”.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade dixo: “desde a miña Área de Igualdade estou moi emocionada e moi orgullosa. Creo que a mellor bandeira que temos no Concello é adolescentes, como son elas, mulleres deportistas e persoas cunha capacidade e cuns valores inmensos. Entón para min é a mellor bandeira que ten o noso concello. Por iso non soamente teño que darvos os parabéns senón que vos teño que dar as grazas por ser vós quen poña enriba da mesa o que desde un concello se pode facer. Os éxitos non son das políticas que se fan en moitos casos senón das persoas que saben canalizalos e levalos adiante. Vós fostes quen de facelo o ano pasado, sodes quen de facelo agora, sen deixar de ser tamén rapazas que vos gusta tamén saír, estar cos vosos amigos, dedicades unha parte da vosa vida ao deporte. Eu creo que nestas idades é o mellor legado que lles podemos deixar como nais, como pais, sobre todo tamén como políticos. Alí onde esteamos a nosa aposta ten que ser firme por unha adolescencia sa e que saiba saber estar e que considere o deporte como o seu mellor abandeirado. Así que moitos éxitos, non me cabe ningunha dúbida, e desde logo os meus máis sinceros parabéns e agradecemento por poñer a imaxe de Ribadeo e ser quen de representar o concello en vós mesmas”.
Álvarez Lastra animou a María Díaz e Nerea Lago: “seguide así, non dubido que ides facelo. E desde logo tamén grazas, como non, ao club de remo, entendéndoo como pais, nais, adestradores, que estades aí ao pe do canón día a día e que senón sería moi difícil que todo isto saíse adiante aínda que elas quixesen. É a liña na que temos que seguir. Sabede que desde o Concello de Ribadeo, desde onde nós esteamos todo o noso apoio e a nosa aposta polo deporte, polas mulleres e por todo o que sexa en beneficio da nosa cidadanía”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



