Xove, 2 de agosto de 2016. A exposición ‘Imaxes con Fondo’, xurdida do primeiro concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, amósase ata o 15 de agosto no Centro Cívico de Xove. O Concello, como socio da entidade municipalista, organiza ademais o día 9 un obradoiro de fotografía social impartido polo gañador da segunda edición do certame, Felipe Carnotto. A inscrición é de balde e pode formalizarse no Centro Xuvenil, onde se realizará a actividade ás 10 horas, ou chamando ao 982 571 816.
O programa do obradoiro, dirixido a mocidade de doce anos en diante, abordará a imaxe como ferramenta do cambio social, a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas. Visionarase asemade o traballo realizado por Carnotto en Nicaragua, durante a viaxe que gañou para visitar os proxectos do Fondo Galego, e mais na ruta das persoas refuxiadas. A sesión incluirá actividades prácticas nas que o alumnado tirará as súas propias fotografías co seu teléfono móbil.
Do mesmo xeito, a mostra ‘Imaxes con Fondo’ busca promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe. Deseñada polo debuxante Pepe Carreiro, está conformada por 19 obras que concursaron na primeira edición do certame. A exposición resultante aposta polas condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan. A solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria e as desigualdades Norte-Sur son algunhas das temáticas abordadas.
Nestes intres está en marcha a terceira edición do concurso Imaxes con Fondo, que á habitual sección de fotografía suma un novo apartado para vídeos, coa interculturalidade como temática central. Na categoría de persoas adultas o primeiro premio será unha viaxe a Mozambique co fin de realizar un traballo sobre a realidade do país lusófono e os proxectos alí apoiados. A categoría xuvenil, dirixida a mocidade de entre 14 e 17 anos, está dotada cunha cámara de fotografía e vídeo. O prazo para enviar as obras remata o 15 de outubro.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 85 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
Este mércores visitaron a Exposición os asistentes ao programa Xove Activo, organizado dende a OMIX. A exposición encóntrase no sala de exposicións do Salón de Actos do Centro Cívico de Xove en horario de 10:00 a 21:00 de luns a domingo dende o día 1 ao 15 de agosto.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



