Cervo, 4 de agosto de 2016. A Casa do Concello de Cervo acolleu este xoves a celebración da mesa técnica da xunta local de seguridade para coordinar os dispositivos de emerxencias para as festas da Maruxaina, de San Ciprián, e da Queimada, de Cervo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, comentou que “nesta xuntanza quixemos tratar dun xeito máis pormenorizado os asuntos que afectan á seguridade de dous eventos importantes que temos no noso concello nestas vindeiras fechas, como son as festas da Maruxaina e da Queimada”.
Alfonso Villares salientou que “son dúas festas de interese turístico galego e nas que a aglomeración de xente que se xunta tanto en Cervo como en San Ciprián é importante. Por iso nós temos que implicarnos e así o estamos facendo, como durante todos estes anos, á hora de garantir a seguridade de todas as persoas que acoden a estas festas”.
O rexedor cervense declarou que “para iso estivemos reunidos o concelleiro de Protección Civil, a concelleira de Medio Ambiente, representantes da Guardia Civil e da unidade de Tráfico, o cabo do servizo de extinción de incendios, a Policía Local e representantes das comisións de festas da Maruxaina e da Queimada”.
Villares engadiu que “entre todos definimos cales son aquelas cuestións que nos quedaban por detallar da anterior xunta local de seguridade, que tivo lugar a principios de xullo”.
O rexedor municipal subliñou que “está todo preparado para que a seguridade destes eventos sexa moito mellor incluso que foi a das edicións anteriores, porque o traballo que estamos a facer é para que cada ano as cousas vaian mellor que os anteriores”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



