As “balas” das ED Lourenzá non erraron e volveron a copar os premios e trofeos o domingo en dobre xornada: en Foz pola mañá e en Vegadeo, pola tarde.
Cros de Piantón de Vegadeo
Pitufos Masculino e Feminino:
2.- Carlota Tsehay Menéndez.
2.- Marcos Graña
Benxamín Feminino:
1.- Iria Rodríguez
2.- Henar Méndez
Alevín Feminino:
2.- Carmen García
3.- Valeria Álvarez
Alevín Masculino:
1.- Ian Méndez
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rgodríguez
2.- Carme Alonso
3.- Alba Alonso
Infantil Masculino:
1.- Nicolás Álvarez
Cadete Feminino:
1.- Claudia Graña
Xuvenil Masculino:
1.- Aarón Rivas
Ademais participaron Emma García, Marta Alonso e Xabi Sordo.
Run Foz Run
Pitufos:
2.- Iago Longarela
Benxamín Feminino:
1.- Iria Rodríguez
3.- Henar Méndez
Alevín Feminino:
2.- Carmen García
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rodríguez
3.- Carme Alonso
Infantil Masculino:
1.- Aleix Díaz
Participaron tamén con grandes resultados Marta Alonso, Ian Méndez, Xabi Sordo, Emma García e Brais Díaz.
Triunfo de Claudia Graña na Galopada de Tapia
O pasado sábado gañaba con absoluta autoridade na categoría cadete a atleta do Maderas Barcia Lourenzá Claudia Graña sobre un percorrido de 4 quilómetros. Ademais participaba Marcos Graña cun 6º posto na categoría prebenxamín.
Título para Ainara e subcampionato para Iria nos Vilares
O pasado sábado Ainara Rodríguez facíase cun novo triunfo nos Villares (Guitiriz) na categoría de 12 a 15 anos; mentres que a súa irmá, Iria Rodríguez, lograba o subcampionato na categoría de 7 a 10 anos aínda sendo de primeiro ano.
Bronces para Henar Méndez e Aarón Rivas na Carreira de Viveiro Popular Adrián Ben
Benxamín Feminino: 3.- Henar Méndez
Xuvenil Masculino: 3.- Aarón Rivas
Tamén participaba na categoría alevín masculino Ian Méndez que lograba un 4º posto.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
