Ribadeo, 17 de agosto de 2016. Arredor de 20.000 persoas demandaron información nas dúas oficinas de turismo sitas na vila e na praia de As Catedrais durante a primeira quincena deste mes de agosto, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local.
Ana Martínez cre que “non é preciso dicilo porque ben se pode percibir que Ribadeo durante todo o verán e máis concretamente durante estes primeiros quince días do mes de agosto, está a tope de xente. Nas rúas e nos establecementos de hostalería en xeral podemos ver como a xente elixe o noso concello para vir pasar uns días de vacacións, a gozar e a coñecer esta magnífica costa e o que é o conxunto de todo Ribadeo”.
A responsable de Turismo contou que “dentro dos datos que podemos ofrecer concretando e falando máis desta afluencia de xente a Ribadeo, temos que dicir que durante estes primeiros días de agosto nas oficinas de turismo que temos habilitadas desde o Concello de Ribadeo foron preto de 20.000 persoas as que demandaron información. De feito para cubrir esta necesidade ademais das cinco persoas que tíñamos como informadoras turísticas durante o mes de xullo tivemos que engadir unha nova en agosto. Seis persoas que son as que estiveron facendo fronte a informar a toda esta xente que acudiu ás nosas oficinas. Ademais tamén este ano contamos cun albergueiro que cubre esa importante parte que son os peregrinos e o Camiño de Santiago”.
Ana Martínez explicou que “nestes primeiros días de agosto o que é na oficina de turismo da vila foron más de 8.500 persoas as que demandaron información. De procedencias moi diversas, a nivel internacional falamos eu penso que de practicamente de todos os países do mundo concretando franceses, italianos e alemáns quizás os que máis elixen o noso concello para vir pasar aquí uns días. Tamén temos que falar que a nivel do estado seguen a ser os madrileños seguidos dos cataláns os que tamén deciden vir aquí pasar estes días a Ribadeo”.
A concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local subliñou que “falamos tamén de pernoitas o cal é moi importante porque se é certo que hai uns anos a xente viña e se marchaba e ao mellor a ocupación hoteleira non era tan importante, temos que dicir de acordo cos datos que recollemos na oficina de turismo que unhas 2.000 persoas, que é practicamente o cen por cen das nosas prazas hoteleiras, son as que se aloxan no noso concello durante esta quincena do mes de agosto e o que fai que estes días está colgado o cartel de completo. Dentro deste turismo temos que dicir que segue a ter un peso importante o turismo internacional”.
A edil nacionalista indicou que “no punto de información da praia de As Catedrais 9.912 persoas demandaron información durante a primeira quincena de agosto e do período do 10 ao 15 temos unha media de consultas de 1.000 persoas diarias, creo que isto é un dato tamén moi importante e que se axusta a ese cartel de completo que todos os días de agosto se ten nos pases para poder acceder ao areal. Os peregrinos foron uns 480 os que demandaron información na oficina de turismo de Ribadeo e os que pernoitaron entre os albergues de Vilela e o que está aquí no propio concello, 308 en Vilela e 196 no albergue do Xacobeo”.
Para Ana Martínez “todos estes datos hai que tratalos con coidado no senso de que temos que prepararnos. Este ano foi unha grande afluencia de xente a que chegou a Ribadeo, en ocasións hai cousas que temos que mellorar e ter en conta procurando cambiar para outros anos. Este ano puxemos de novo a sinalización, cremos que é moi importante que cando un chega a un lugar poida acceder dunha maneira fácil. Recuperamos o que é a sinaléctica vertical, iniciámolo pola rúa peonil e iremos facendo polo resto do concello”.
A concelleira de Turismo considera que “para que o turismo se manteña e sexa algo sostible no tempo temos que ir coidando todo”.
Ana Martínez tamén salienta que “os barcos en tránsito que pasaron polo porto de Ribadeo este ano tamén duplicaron o seu número con respecto a 2015, creo que tamén é un dato importante e a ter en conta. A Ribadeo tamén chegaron en avionetas ao aeródromo de Vilaframil”.
A responsable de Turismo asegura que “temos un potencial enorme, un espazo precioso e uns hostaleiros e comerciantes que fan que a xente que chega aquí se vaia moi agradecida e sexan embaixadores do noso concello. Grazas a ese sector turístico que fai que Ribadeo estea no máximo do turismo”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



