Foz, 19 de agosto de 2016. A cuarta edición da Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarase este domingo, día 21, na área recreativa de Os Castros. Está organizada polo Concello de Foz e foi presentada polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, xunto con representantes dos colectivos colaboradores: Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Real, Rañadoiro e Agudo.
A apertura da feira será ás 10 da mañá e as catro e media da tarde comezarán os concursos, con probas de andadura para diversos tipos de cabalos e tamén haberá carreira de burros. A continuación farase a entrega de premios en metálico e trofeos, ademais dun sorteo.
Os premios serán para os mellores clasificados nos concursos e tamén para os gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, para os mellores cabalos, eguas e exemplares vacúns, para o cabaleiro e a amazona máis novos e de máis idade e para os animais máis peculiares.
No recinto feiral instalarase unha pulpería, durante a mañá o público poderá gozar de paseos en cabalo gratuítos, haberá exposición de maquinaria agrícola e de artesanía e animación musical a cargo dunha discoteca móbil.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



