Mañón 26-8-16. As xornadas “Memoria dun tempo” que organiza Nordés no concello de Mañón escomenzaron este xoves cunha conferencia do historiador e profesor da Universidade de Vigo, Julio Prada, cunha asistenza de público de arredor de 40 persoas, que non dubidaron á hora de plantexar cuestións ó poñente despois da súa exposición, o cal fixo que o acto se alongara máis aló da hora prevista para o seu remate, algo que se agradeceu polo interese das intervencións habidas.
Para este venres está prevista a realización dun acto en dúas partes baixo o título de “Vivas en nós. Memoria de mulleres libres e vida liberada fronte á ditadura”, e que consistirá nunha primeira exposición a cargo de Carme Blanco, profesora da Universidade de Santiago, poeta e ensaísta, para despois, xa na segunda parte, darlle entrada ós versos na loita pola recuperación histórica cun recital poético de Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
O sábado 27 será o derradeiro día das xornadas, e é tamén o que acumula máis actos. Así, deste xeito, o programa recolle a IV Homenaxe a Republicanos/as e Libertarios/as na Ponte Vella, que terá lugar á 1 da tarde, e a que seguira un xantar de irmandade no Restaurante “A Goleta”, para o cal hai que reservar chamando ó 653756454 (Ricardo) pois tan soio hai 25 prazas.
A xornada seguirá coa proxección da película documental “A pegada dos avós”, de Xosé Abad, e coa presenza dunha das súas protagonistas, Aitana Tubío, para falarnos da experiencia do rodaxe e do seu contido. Este film fala de cómo un grupo de rapaces e rapazas de Bacharelato dun Instituto galego adéntrase no coñecemento da memoria histórica da súa cidade a través do estudo de dous casos “deses que non veñen nos libros de texto”. É por iso que recomendamos o visionado desta película para tódolos públicos, pero especialmente para profesionais do ensino e, sobre todo, estudantes de Secundaria e Bacharelato. A proxección terá lugar ás 20:30 horas na Casa do Concello de Mañón (O Barqueiro)
Para o peche das xornadas, e como xa ben sendo habitual, será a música que tomará o relevo, e para elo nesta ocasión temos a honra de contar cun grande da canción de autor galega: Miro Casabella, quen compartirá escenario co músico ourensán e membro de Nordés: Andrés Rodríguez. O novo local do “Bar Queiro” será quen acolla o final destas VI Xornadas que agardamos foran do agrado da xente que tivo a ben asistir a elas.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



