LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, recibiron este martes no Pazo de San Marcos, a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais “A Xuntanza” de Castro de Rei e outro da Asociación Artística-Recreativa “Muller Traballadora” de Lugo dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove o organismo provincial. En total, 295 persoas participarán esta semana nas 6 rutas programadas pola iniciativa da Deputación.
O primeiro grupo, formado por 48 persoas, de 65 a 85 anos, visitaron a Aula da Natureza do Courel e fixeron a ruta de sendeirismo pola Lagoa de Lucenza de 8 quilómetros. Pola súa banda, os 55 veciños de Lugo, desprazáronse ata o Cebreiro, onde coñeceron a igrexa de Santa a María A Real e percorreron a pé o treito que vai ata o primeiro hito francés. Dentro dos centros dependentes da Deputación, os membros da Asociación “Muller Traballadora” elexiron o Mazo de Santa Comba.
O mércores, 48 solicitantes individuais visitarán o Concello de Sarria logo de coñecer o Centro de Interpretación do río Miño. Neste municipio, visitarán as igrexas de Barbadelo e da Merced, así como o restos da Torre do Batallón. Tamén farán a ruta das Aceas de 3 quilómetros.
Ese mesmo día, outro grupo de 48 persoas da residencia de maiores das Gándaras redescubrirán a Ribeira Sacra. Percorrerán a ruta de sendeirismo que discorre por Pena do Castelo, ademais do mirador do Duque e viaxarán en catamarán por Amandi. O itinerario completarano coa visita ó Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial.
O xoves, as rutas escollidas polos participantes de Km0 son de novo a “Ribeira Sacra” e o “Viveiro Histórico”. 48 membros da Asociación de Veciños de Roupar (Xermade) visitarán en primeiro lugar o Centro de Interpretación do río Miño e logo desprazaranse ata o sur da provincia, onde terán a oportunidade de asitir a unha demostración da oleiría de Gundivós e de degustar o viño da adega Regina Viarium. Asimesmo, tamén farán un treito do Camiño Sur, de catro quilómetros, que discorre pola zona, e que se inclúe dentro de Km0 a Compostela. Dende setembro, 624 persoas xa participaron nesta iniciativa coa que a Deputación se converteu na primeira administración cunha programación estable previa ó Xacobeo de 2010.
Pola súa banda, 48 integrantes da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Páramo coñecerán o CENTRAD e visitarán o Concello de Viveiro. Concretamente, no municipio mariñano optarán pola igrexa de Santa María do Campo e os restos da Muralla medieval e romana, ademais de pola porta de Carlos V, a praia de Covas e o mirador de San Roque.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



