Viveiro, 31 de agosto de 2016. Este xoves, 1 de agosto, ás 20:30 horas, na sala multiusos da casa do concello, celebrarse unha mesa redonda sobre a biobibliografía de Manuel Rodríguez López e, posteriormente, terá lugar unha visita guiada pola exposición que dende o 26 de agosto e ata o 2 de setembro se pode visitar na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese Concello, e que dá nome á Casa Municipal de Cultura e mais a un Certame Literario, do que se está a celebrar a vixésimoprimeira edición.
A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.
Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na Casa da Cultura de Paradela para logo expoñerse en Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, na Biblioteca Anxo Casal de Compostela, na Casa das Palabras de Guitiriz, no Concello de Meira e no Antigo Hospicio de Ferrol, no Centro Galego de Salamanca, na Casa de Galicia de León e no Centro Galego de Vitoria.
Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e que foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Cataluña, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no país catalán.
Na mesa redonda que terá lugar mañá intervirán o director de GaliciaDigital, Antonio Giz, que falará sobre o “Proxecto Manuel Rodríguez López”; o crego e musicólogo Xesús Mato, sobre “Manuel Rodríguez, amigo”; o alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato, sobre “O noso fillo predilecto”; o xornalista Xulio Xiz, que falará no nome da familia do escritor; e o Tenente de Alcalde Jesús Fernández Fernández, quen, en representación do concello de Viveiro, se encargará de clausurar o acto.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



