Viveiro a 1 de setembro de 2016. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Rogo : Que se reparen os baches na rúa Fernando Osorio Paramo entre o portal nº 6 do edificio e o peche do colexio público na parroquia de Covas .
Rogo : Que se repoña o espello de seguridade vial na curva do Vilar , cerca do barrio do Cabezón na parroquia de Galdo no tramo da estrada Vieiro –Galdo , e que xa foi solicitado por este grupo en plenos anteriores.
Rogo : Que no sinal de prohibido aparcar na zona escolar do Cembedo na marxe dereita dirección Viveiro e que son prazas reservadas para o autobús escolar, se especifique no mesmo sinal: “ só en horario escolar”.
Rogo : Na zona resevada para o autobús no colexio San Roque de Viveiro tal e como consta no sinal , está prohibido aparcar de 9-10 a 13: 30 h . Estimamos que sería máis conveniente que se concretase o horario de prohibición, para poder favorecer o aparcamiento de vehículos en comercial e residencial nas horas da mañá que non son necesarias para o uso do autobús escolar.
Rogo : Que se limpie de maleza e se adecente a marquesiña da parada de autobús na entrada da estrada de San Pedro de Viveiro a Valcarría.
Rogo : Que se busquen os motivos polo que na fonte pública do Cadafalso, dos tres canos existentes so mana auga e con pouco chorro por un deles.
Rogo: Que se atenda a petición feita por un veciño de Vilar de Arriba en Galdo para un punto de luz pública o carón da súa vivenda e da estrada a Vieiro, solicitude con nº de rexistro 9.532 presentada o 7 de decembro de 2011, e que ata o día de hoxe non obtivo resposta por parte do equipo de goberno – adxuntamos fotocopia da solicitude -.
Rogo: Que se fixen adecuadamente unhas pedras soltas á entrada do convento de Valdeflores en Xunqueira, dado que no estado no que se encontran actualmente son perigosas para o acceso de peóns.
Rogo: Que se cubra a vacante de electricista municipal, como consecuencia da xubilación en marzo do 2014 da persoa que ocupaba dito posto.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



