O Valadouro, 1 de setembro de 2016. A asociación Amado Lar organiza para este sábado, día 3, a XXVIII Mostra Folclórica do Valadouro que terá lugar na praza Santa María a partir das 20:30 horas. Actuarán os grupos da Asociación de Bai.le y Música Tradicional La Xordia, de Oviedo; da Sociedade Cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido; e do colectivo anfitrión: a Asociación Cultural Amado Lar. O evento foi presentado polas representantes da xunta directiva da asociación Amado Lar Mari Carmen Lorenzo, Esther Cora e Nuria García; o concelleiro de Cultura, Eduardo Chao; e o técnico municipal de Cultura, Juan Novás.
A membro da directiva de Amado Lar Nuria García explicou que “é unha mostra que se fai anualmente. Haberá un pasarrúas que se fai desde a Casa da Cultura de Ferreira ata a praza Santa María, que é onde nos xuntamos todos. Este ano somos tres grupos e faremos alí as actuacións”.
Nuria García explica que “tentaremos saír da Casa da Cultura ás oito e sobre as oito e media chegaremos á praza. Empezaremos a actuar as Cantareiras de Amado Lar e despois van os grupos que temos, de Oviedo e de Cerdido. A entrada é de balde e colabora con nós a Concellaría de Cultura do Concello de O Valadouro. Se chove temos previsto trasladalo ao salón de actos da Casa da Cultura”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



