Valadouro 2-9-16. O venres, 2 de setembro a semana do teatro de Valadouro, comeza coa representación que vai levar adiante un grupo de alumnos participantes no obradoiro que se levou a cabo durante o mes de agosto no concello. Participaron unha ducia de alumnos que aprenderon técnicas de dicción, expresión corporal, memoria, improvisación… para levar adiante unha obra e teatro.
Nesta ocasión levan a escena unha obra que leva por título “A madriña” e é unha adaptación para o grupo do mestre que impartiu a temática: Tom Arenas.
A seguinte xornada da semana do teatro é o domingo 4 coa obra de “Mal Social” orixinal de Paco Piñeiro e que nesta ocasión nos traerá o grupo de teatro Ardora de San Ciprián que dirixe María Paz Rodríguez Silva
O luns 5 de setembro estreamos nas taboas de Valadouro un grupo da veciña localidade de San Martiño: O Centiño. Este é un grupo de recente creación e que nesta ocasión escenificará “O caldeiro máxico”. Unha obra orixinal do seu director Pepe Peinó e que tamén é moi querido no val.
O martes 6, un clásico na semana do teatro de O Valadouro, o grupo A Adala que escenificará, unha adaptación ó grupo feita por eles, unha obra que leva por título “oia doctor”.
Rematamos a semana do teatro de Valadouro con outro dos grupos míticos: O Bordelo e que en esta ocasión levará a escena un traballo do seu director Francisco Piñeiro e a obra “Xubilando”
Todas as representacións serán na casa da cultura do concello de O Valadouro as 22:00 horas e con entrada de balde para todos os públicos.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



