Burela (Lugo), 2 de setembro de 2016.- O cabeza de lista pola provincia de Lugo do PSdeG-PSOE, Luís Álvarez, presentou este venres en Burela a candidatura socialista na Mariña, alí dixo que “fronte ao retroceso do sector pesqueiro que se produzo cos gobernos de Feijoo, os socialistas faremos unha aposta decidida por este sector, fomentando o diálogo cos distintos axentes do sector e buscando fórmulas que melloren a calidade de vida dos traballadores do mar”. Asegurou que o PSdeG-PSOE da provincia presenta un proxecto comprometido coa pesca, co sector primario, coa sanidade e co emprego.
No acto estiveron presentes, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e os Alcaldes de Burela, Trabada e Alfoz, xunto coa candidata número 2 da provincia, Concepción Burgo, e os candidato da Comarca, Patricia Otero, Cristina Losas, Rodrigo e Pavón, ademais doutros cargos orgánicos.
Dende o porto de Burela, Luís Álvarez remarcou que o balance do goberno de Feijoo en pesca é fondamente negativo. O candidato asegurou que “a xestión de Feijoo foi nefasta para o sector pesqueiro galego, provocando a perda de case o 20% do emprego no sector durante os seus anos de goberno”. Por iso sinalou “non nos resignamos a que a pesca galega perda peso e capacidade de interlocución a nivel europeo e nacional, nin que as competencias pesqueiras da Xunta sexan mal xestionadas polo PP”. Nese senso emprazou aos galegos a provocar un cambio de goberno “que defenda o sector pesqueiro galego, que dialogue con el e que saiba xestionar eficazmente as posibilidades de pesca do país”, resumiu.
Luís Álvarez tamén avogou por desenvolver na Comarca da Mariña unha folla de ruta concreta. E puxo como exemplo o impulso ao noso sector primario, como por exemplo, “aumentar a produtividade e eficiencia do noso monte, para facer máis competitiva a nosa industria forestal”. Ou no sector industrial, concretamente para Alcoa, unha empresa vital na Comarca, para que reclamou fórmulas de contratación de enerxía eléctrica que dean estabilidade ás empresas grandes consumidoras de enerxía.
O candidato socialista advertiu que o 25 de setembro “é preciso deixar atrás os recortes nos dereitos e nas liberdades, os contratos por hora, o desemprego, ou os soldos que non permiten chegar a fin de mes. O 25 de setembro é preciso pasar páxina e comezar un novo rumbo na Comarca da Mariña de Lugo cun goberno socialista que saiba conectar e atender as necesidades dos mariñáns”, concluíu.
Patricia Otero, veciña de Burela, concelleira e candidata número 4 pola provincia, dixo que afronta esta nova etapa con moita ilusión e que traballará a reo por defender os intereses dos mariñáns e contribuír a mellorar esta Comarca. “Son consciente das necesidades que teñen os mariñáns, son de aquí desta terra, e vexo como pechan as empresas, ou o incremento alarmante da poboación envellecida sen axudas para a natalidade, os recortes en sanidade ou no ensino. Por iso sei que A Mariña precisa máis ca nunca dun Goberno progresista que dea un cambio de temón a esta situación de parálise na que nos atopamos”. A maiores dixo que no eido sanitario, traballará para recuperar o valor do hospital de Burela no sistema sanitario galego, devolvéndolles a súa autonomía económico-financeira.
A Mariña precisa un Presidente da Xunta serio e responsable como Leiceaga
Por último o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, remarcou que Burela, e todos os Concellos da Mariña de Lugo precisan máis ca nunca un Presidente da Xunta, serio, solvente e responsable, e que atenda as necesidades dos mariñáns “por iso Leiceaga é o mellor candidato”, espetou. E proseguiu “non queremos un Goberno que só xestione os recursos públicos para aqueles Alcaldes que teñen o seu mesmo signo político, queremos un Presidente que atenda ás nosas necesidades, que nós escoite e que nos atenda, e sobre todo que non trate a esta Comarca como cidadáns de segunda, que foi o que fixo ata de agora o PP, e o Hospital da Costa é unha boa mostra desta xestión”, resumiu.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



