Ribadeo, 3 de septiembre de 2016. A primeira edición da carreira de obstáculos Heroican Race, celebrada este sábado en Ribadeo, foi un éxito de participación e de público, que gozou con este espectacular evento deportivo novidoso na zona nunha xornada radiante de sol e altas temperaturas.
A proba, organizada polo grupo Serviocio/Be One, contou con 1.200 participantes, e fueron moitos os espectadores que a seguiron ao longo do trazado de 8 kilómetros, que comezou e terminou nas inmediacións da casa consistorial ribadense despois de percorrer o paseo marítimo ata o faro da illa Pancha.
Os participantes tiveron que superar probas que puxeron ao límite a súa pericia, destreza e valor, polo que enfrontáronse a lume, a alambre de espiño, cruzaron charcas de barro e sortearon moitos desafíos nesta cita (pasillo de rodas, muros, porteo, reptado, pasarelas, muro invertido, contedores de auga, monkey bars, zanxas, obstáculos múltiples, corda, weaver, pirámides, big cheese e moit máis).
A Heroican Race está avalada por OCRA España (asociación independiente para a promoción das carreiras OCR) e forma parte da OCR Teams League, a liga española de carreiras de obstáculos, na que os equipos que competiron puntuaron para a clasificación xeral.
Os mellores clasificados en Elite Masculino foron: Lluis Barbe Llagostera, Cristhian Zarta Muñoz e Joseph Fernández García. E en feminino: Vanesa Pacha Urteaga, Lorena González Mira e Olga Estelle Camps.
Dende o grupo Serviocio/BeOne queren que este evento se convirta nun referente turístico para o municipio ribadense, sumándose a outros tan importantes como a Media Maratón As Catedrais ou o Ribadeo Indiano. Participantes e acompañantes poideron aproveitar a súa presenza na zona para gozar e visitar lugares de interese como a emblemática praia de As Catedrais e outros atractivos turísticos de Ribadeo como o forte de San Damián, a igrexa de Santa María do Campo, o Palacio de Ibáñez ou as Casas Indianas.
Servicio/Be One agradece a todos os participantes o esforzo realizado para estar presentes na Heroican Race, ao Concello de Ribadeo o seu apoio e también ás firmas colaboradoras con este evento deportivo e tamén ao público que estivo presente nos tramos do percorrido.