Ribadeo 6-9-16. A Caravana da Mocidade organizada pola organización xuvenil, Galiza Nova, chega a Ribadeo onde se instalara para ofrecer información a partir das 18:00hrs.deste mércores nas proximidades da Praza de Abastos da vila mariñá.
A caravana organizada por Galiza Nova levará por toda a nación as principais medidas elaboradas pola organización xuvenil e que o BNG presenta no seu programa electoral para #UnTempoNovo.
Partiu o pasado venres 2 de setembro desde a Porta do Sol de Vigo ás 11hs e percorrerá até o 23 de setembro todos os puntos do noso País. A caravana, que inclúe ilustracións de Kiko Da Silva, achegará a numerosas prazas de Galiza unha exposición que, en paneis temáticos de grandes dimensións, contén as medidas urxentes que a mocidade galega precisa para vivir, traballar e prosperar en Galiza. Medidas para loitar contra a precariedade e a temporalidade laborais, para conquistar o traballo digno e todos os dereitos sociolaborais, o Plan Retorna do BNG para que a mocidade emigrada por mor das políticas de Feijóo poida voltar á terra para vivir e traballar; medidas para igualdade salarial, contra o heteropatriarcado e o terrorismo machista, para conquistar as liberdades sexuais, para recuperar os desmantelados e desvirtuados Centros Quérote, para defender e relanzar o ensino galego, público e de calidade fronte a Lomce e os recortes, para un país onde a vivenda sexa un dereito e non un privilexio e se apoie a emancipación da mocidade, por unha Galiza para a creación, as artes e o talento, por un servizo de transportes acaido ás necesidades do territorio e a poboación e a recuperación do Noitebús… Estas son algunha das medidas que o BNG defende e que Galiza Nova socializa por toda Galiza entre a xente nova desde o pasado venres e até o final da campaña electoral.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



