Lugo, 10 de setembro 2016. Olalla Rodil, candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, participou nun encontro-xantar no que recibiu o apoio de máis dun cento de persoas. Rodil salientou que “o BNG é o voto útil para que, a partir do 25 de setembro, teñamos un cambio real e se abra un tempo novo para as galegas e galegos”. No encontro participaron militantes, simpatizantes e persoas que tiveron, nalgún momento, responsabilidades orgánicas ou institucionais no BNG.
“Non se trata unicamente de afastar ao PP do goberno da Xunta, trátase de gobernar este país a partir de setembro e para iso fai falta un proxecto político serio e contrastado” dixo Olalla Rodil que apelou ao apoio “de todas as persoas que nalgún momento acreditaron no BNG como alternativa de cambio” por que “non se trata de cambiar as persoas que ocupan os asientos no consello da Xunta, trátase de conseguir capacidade para decidir por nos mesmas sobre o noso territorio e sobre as nosas vidas”.
Rodil asegurou que “a axenda de prioridades do Bloque Nacionalista Galego é a axenda de prioridades da nosa sociedade” e engadiu “temos capacidade para crear emprego e riqueza aquí, garantir o benestar, por que temos os recursos e as persoas”. Rodil lembrou os milleiros de mozas e mozos que están espallados por todo o mundo por que “Feijoo e o PP negáronlles a posibilidade de poñer este país a producir”.
Visita a Baralla e Láncara
Durante a mañá Olalla Rodil achegouse a Baralla e Láncara para coñecer as deficiencias da estrada que une estes concellos que é titularidade da Xunta. Rodil mativo un encontro cos representantes do BNG nestas localidades e sinalou que “este é un exemplo de cómo eses gobernos municipais, amigos de Feijoo, non se atreven a defender aos seus veciños e veciñas diante de quen manda en Santiago por que para o PP o importante é defender ás construtoras e concesionarias que levan beneficios millonarios dos cartos das galegas e dos galegos”.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



