O Burela Pescados Rubén estrea a competición ligueira cun meritorio triunfo ante o Cidade de As Burgas ao que derrotou por 7-4 nun derbi galego equilibrado na primeira parte e cun Burela letal na segunda.
O choque comezou con tanteo de ambas escuadras pero moi pronto as locais inauguraron o marcador por mediación de Dany. Aos tres minutos a brasileira puxo en vantaxe ao seu equipo pero a resposta ourensana non tardou en chegar. Iria Saeta desfíxose de dúas burelistas e bateu a Jozi para empatar o derbi. O empate non desestabilizou ao Burela Pescados Rubén que mantiña a iniciativa no xogo e gozou de varias ocasións para adiantarse de novo ante un Cidade cuxo perigo chegou nun par de concesións locais. No minuto 14, Bea Mateos desequilibrou o marcador tras asistencia de Judith. Co 2-1 chegouse ao descanso e na continuación o Burela saíu máis incisivo en ataque. De novo apareceu Bea Mateos para bater a meta visitante, a capitá laranxa situou o 3-1 cun disparo que se coou polo primeiro pau defendido por Antía. O 3-1 deu paso a uns minutos de euforia laranxa e desconcerto visitante que o Burela Pescados Rubén aproveitou para marcharse con claridade no electrónico. Shiori conseguiu bater a Antía, minuto 26, para situar o 4-1 que propiciou que o Cidade se volcara en ataque pero o Burela logrou sentenciar o partido con dúas grandes accións de contragolpe guiadas por Elvira. Silvia marcou a pracer o 5-1 e o 6-1 tras asistencias de Elvira. O partido era de clara cor laranxa e Cilene puxo a guinda cun potente disparo que se coou pola escuadra ourensá. O 7-1 relaxou ao Burela Pescados Rubén e o Cidade aproveitou para maquillar o resultado con tres goles de Candela que selaron o marcador final (7-4).
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dany, Bea Mateos, Judith, Cilene -cinco inicial- Silvia, Lara, Shiori, Elvira, Paula, Nerea, Helena.
Cidade de As Burgas: Ana Lastra, Candea, María Arias, Iria Saeta, Figo -cinco inicial- Sonia Pacios, Nerea, Clara, Amelia, Antía.
Goles: 1-0, m.4, Dany; 1-1, m. 8, Iria Saeta; 2-1, m.14, Bea Mateos; 3-1, m.22, Bea Mateos; 4-1, m.26, Shiori; 5-1, m.29, Silvia; 6-1, m.30, Silvia; 7-1, m.33, Cilene; 7-2, m.36, Candela; 7-3, m.37, Candea; 7-4, m.40, Candela.
Árbitros: Manteiga Rodríguez da Coruña, Amor Vizoso de Ferrol. Cartón amarelo a Figo do Cidade de As Burgas.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 500 espectadores.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
