Absterse ou votar en branco son decisións lexítimas. Pero non son, aquí e agora, decisións cívicas, decisións de cidadáns responsábeis. Galicia enfronta unhas eleccións nacionais decisivas, nas que nos xogamos afondar na depresión social, económica e política que presidiu a vida do noso país nos últimos sete anos e medio ou posibilitar unha alternativa plural que tente darlle a volta a un presente no que sobrancea o abandono do territorio e do medio rural, a emigración da xente nova máis cualificada, a falla de oportunidades empresariais e unha ferreña dependencia dun Madrid cada vez máis invasivo, recentralizador e monopolizante.
A pluralidade de opcións fronte á dereita é unha realidade, é unha circunstancia. E, ben mirado, é unha oportunidade. Existe unha oferta variada que permite escoller cál é o matiz que cada quén quere privilexiar para lle dar o relevo á omnipresente dereita de Rajoy e Feijóo. En Marea, Compromiso, BNG ou PSdeG están hoxe por un cambio substantivo, malia que gradual e tranquilo, polas propias limitacións do marco institucional e pola propia dinámica dun goberno alternativo que terá que botar mán do consenso, da participación e da seducción social como principais ferramentas de traballo. Os candidatos principais (Villares, Pontón, Leiceaga ou Bascuas) son persoas honestas e competentes. Non son tolos visionarios nin demagogos. E semellan ser quén a traballar en equipa.
O que se xoga o 25-S non é a revolución, nin a independencia, senón a posibilidade de executar un programa de goberno de ampla base, que mire polos intereses das maiorías sociais, que reactive en beneficio dos máis a economía, que use e amplíe o autogoberno como ferramenta principal do benestar e que se poña a traballar nos grandes eixos do noso futuro: ordenación territorial, política portuaria, innovación, sectores primarios, reindustrialización, acción exterior, afirmación da nosa lingua e cultura… Un programa de goberno plural, pero consensuado, realista, mais transformador, que rache coas inercias e poña en valor o traballo de ducias de milleiros de galegos con ideas e aptitudes. Que poña de vez Galicia na Europa e no mundo.
Sempre haberá repunantes. Mais desta volta o que non vote que non veña chorando despois. Porque hai neutralidades que matan.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



